xoves, 14 de decembro de 2023

PREPARÁNDONOS PARA O NADAL


 Xa se nota no ambiente que está preto o Nadal, no cole estamos facendo cousas moi especiais para celebralo... Mira, mira...

       

 Xa comezamos a semana recibindo a Antía a Apalpadora...

 Tamén estamos aprendendo unha canción super bonita do mestre Iván Vale, Os meus agasallos.

 Se pinchades no seguinte enlace  podedes atopar a canción, ademáis doutras melodías fantásticas, contos de Nadal e xogos interactivos por se fora do voso interese.

NADAL 2023

luns, 11 de decembro de 2023

A MIÑA AXENDA: NOVEMBRO

 



 E seguimos enchendo o noso calendario, a nosa axenda de datas importantes... e tamén despedíndonos do outono con moitas manualidades...

martes, 5 de decembro de 2023

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

 O 3 de decembro celebrouse o Día da diversidade funcional e nós no cole falamos do tema a través de varias curtas e facendo unha peza dun creabacabezas que elaboramos entre todos/as os grupos do cole. Mirade, mirade...

TAMARA

UNA VARITA MÁGICA PARA DULCE

luns, 4 de decembro de 2023

NOVEMBRO=MES DA CIENCIA

 E rematamos novembro facendo un montón de experimentos. Nesta ocasión quixemos experimentar coas cores... A verdade que resultou moi interesante...


E máis interesante foi poder amosarllos aos nosos compañeiros/as de 6ºA e que eles compartiran o seu experimento de magnetismo con nós.





domingo, 3 de decembro de 2023

25 N: NON VIOLENCIA

         
Tratamos a non violencia lendo diferentes contos e falando sobre o tema. Elaboramos un super mural en colaboración cos outros compañeiros/as do cole, o que significaba para nós a violencia e o que deberiamos facer para conseguir a non violencia. 





 Ademais tivemos a sorte de que os nosos compañeiros/as de 6ºB nos prepararan o conto O chuvasqueiro de Aurora para ilustrarnos o 25 N. 





mércores, 29 de novembro de 2023

ECO-RETO VOZ NATURA: FOLLAS

 O Eco-reto de Voz Natura deste mes de novembro é INVESTIGAMOS, así que nos decidimos a  investigar sobre a flora, en concreto sobre as follas . O diferentes tipos de follas que existen segundo a súa forma, o seu borde...

1º  RECOLLIMOS FOLLAS EN FAMILIA NO MONTE, BOSQUE OU ENTORNO PRÓXIMO PARA LOGO POÑELAS A SECAR:


2º CLASIFICAMOS ENTRE TODOS/AS AS FOLLAS:


3º GRAVADOS CON FOLLAS:



4º CREAMOS OBRAS DE ARTE:




xoves, 23 de novembro de 2023

DÍA DO PIXAMA

 Viñemos ao cole en pixama o 20 de novembro para conmemorar os dereitos do neno/as, baixo o lema:

TÓDOLOS NENOS/AS TEÑEN DEREITO E MEDRAR EN FAMILIA



UN PUÑADO DE BOTONES

MI FAMILIA ES ESPECIAL



martes, 21 de novembro de 2023

DÍA DO PEÓN E MAGOSTO

 A pasada semana gozamos cos peóns e co Magosto... Visita dos avós e avoas, xogos inclusivos con castañas, manualidades e sobremesas de outono.

 Mirade que ben o pasamos no cole...

MAGOSTO 2023






luns, 30 de outubro de 2023

MÁIS QUE UNHA BIBLIOTECA

Ao longo desta semana realizamos varias actividades que xiran arredor da Biblioteca...

MOCHILAS VIAXEIRAS


ESPAZO CREATIVO DE APRENDIZAXES



XOGANDO NA BIBLIO






ANIVERSARIO DE LIBRÍN/DÍA DAS BIBLIOTECAS

(24 outubro)