xoves, 22 de xuño de 2023

FIN DE CURSO

Que rápido pasou o curso, incríble, a verdade!!! Pero pasiño a pasiño fixemos camiño... Só desexarvos a todos/as un feliz verán ... Mirade que ben o pasamos o último día de clase...

VIAXE NO VIVERTREN




MERENDA ESPECIAL DE PROMOCIÓN DE CURSO...










mércores, 21 de xuño de 2023

VISITAS: GARDERÍA E ASPANANE.

 GARDERÍA

 A semana pasada tivemos dúas visitas moi especiais,dous grupos de nenos/as da Gardería Municipal. Moitos deles estarán con nós xa o vindeiro curso, foi moi bonito ter compartido con eles/as dúas xornadas.


ASPANANE

 Os nosos amigos e amigas de ASPANANE tamén nos deleitaron cunha bonita representación baseada no conto Eu vou comigo... TODOS E TODAS DEBEMOS APRENDER  A QUERERNOS TAL E COMO SOMOS...





martes, 20 de xuño de 2023

FROITAS E VERDURAS E ARCIMBOLDO

 Antes de rematar o curso quixemos facer unha pequena introdución aos alimentos, á alimentación saudable e cales son esenciais na nosa dieta. 

 Arcimboldo a través da súa pintura representaba a figura humana con elementos da natureza(froitas, verduras, flores...). Quixemos crear a partir da súa obra Vertumno...

 Mirade, mirade...








luns, 19 de xuño de 2023

O MUNDO DAS EMOCIÓNS

 O MONSTRO DE CORES





Pulsa neste enlace e podes xogar co monstro das emocións...

MONSTRO TRISTE- MONSTRO FELIZ







mércores, 14 de xuño de 2023

ESCOITAMOS COMO LES(6ªsesión)

 Nesta ocasión foi o avó de Gaelia, Javi, o que nos contou un conto ou mellor dito o que creou un conto a partir das nosas aportacións... Grazas por acompañarnos!



IOGA(8ª sesión)

 E onte tivemos a nosa oitava e última sesión de ioga deste curso. Grazas Hugo por este tempo compartido e ata o vindeiro curso.

venres, 9 de xuño de 2023

A XANELA DO MAXÍN E O COIDADO DO PLANETA

 



Títeres sobre o coidado do Planeta no Día Mundial dos Océanos, 8 de xuño, e para conmemorar o Día do Medio Ambiente.









luns, 5 de xuño de 2023

PRIMAVERA, PRIMAVERA...

E coa chegada da primavera quixemos enchelo todo de flores e de vida, unha estación máis na que aprendimos a respectar a natureza e a ver o mundo de moitas cores...


As cancións que aprendimos nesta estación...



domingo, 4 de xuño de 2023

XA XERMOLARON AS FABAS




 Que ledos se poñen os nenos/as cando chegan ao cole e ven crecer as súas fabas. Vimos que á semente que puxemos en algodón lle saiu a raiz e agora ao botarlles a terra saiu o talo e as follas, a natureza é máxica...

                           


xoves, 1 de xuño de 2023

ESCOITAMOS COMO LES(5ª SESIÓN)

 Esta semana continuamos coa actividade proposta pola Biblioteca. Nesta ocasión foi Sofía, a nai de Izan G. a que nos agasallou coa historia Los seis cisnes...
 Grazas por acompañarnos...