Amosando publicacións coa etiqueta O meu anecdotarito. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O meu anecdotarito. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2026

UNHA PRIMAVERA CHEA DE CORES

 Canto aprendimos das estacións neste curso! Coa primavera encheuse todo de cores, de luz, de flores, de vida...


Se queredes aacompañarnos cantando...




sábado, 14 de marzo de 2026

8M: DÍA DA MULLER

 Para conmemorar este día, non só falamos das mulleres que temos na nosa familia(mamá, avoa, tía...) e o importantes que son para nós, senón que tivemos unha actuación musical moi interesante e un obradoiro para crecer en igualdade.

MÚSICA MIÚDA

Cambiando contos na nosa Biblioteca con música e gozando do momento.

AUTONOMÍA E COLABORACIÓN NAS TAREFAS DOMÉSTICAS



Coa colaboración de Ana do CIM descubrimos que importante é para nós desenvolver a nosa autonomía, reforzando positivamente cada logro e facendo posible pequenos retos que de seguro nos abriarán camiño.

domingo, 18 de xaneiro de 2026

COMPARTINDO XOGUETES

 Esta semana trouxemos da nosas casas xoguetes para compartir. Prestamos, coidamos, esperamos turnos, recollemos, clasificamos... unha experiencia moi enriquecedora.

           



sábado, 29 de novembro de 2025

25 N: AS AVOAS E OS SEUS OFICIOS

 

    As nosas avoas, mulleres referentes polo 25 N, Día Internacional da Non Violencia. Cantas visitas esta semana, algunhas das nosas avoas quixeron acompañarnos e falarnos dos seus oficios, elas abriron moitos camiños e aportaron o seu gran de area caro ao do dereito a traballar en igualdade e en contra da violencia de xénero.

A BOTICARIA(Mari Carmen, a avoa de Valeria)

A EMPREGADA NA FÁBRICA DE CONSERVAS(Encarna, a avoa de José)

 A AMA DE CASA(Lita, a avoa de Aleix)

MESTRA(Marta, a avoa de Mari)

A AXUDANTA DE QUIRÓFANO(Manoli, a avoa de Emma M.)

Grazas avoas por formar parte das nosas vidas. 

luns, 20 de outubro de 2025

O CONTO DA PITIÑA CARLOTA

 Con esta historia tan sinxela imos aprendendo os días da semana, fixemos un traballo moi bonito que axiña levaremos para casa... Mira, mira...



venres, 17 de outubro de 2025

DÍA DAS ESCRITORAS

 O pasado martes, 14 de outubro, Día das escritoras, tivemos unha visita moi especial, María Rolle, quen foi mestra no cole de Covas e tamén escritora, publicou fai uns anos o libro ESTA  NON É UNHA HISTORIA DE PIRATAS... María veu acompañada de Ángela Requejo que nos acompañou coa  súa voz e coa guitarra... Mirade, mirade que ben o pasamos o Día das Escritoras...


sábado, 10 de maio de 2025

UN MURAL CON DAVID CATÁ

Ao longo da semana acompañounos o noso amigo e artista David Catá, xa é o segundo curso que está con nós e facemos con el a nosa segunda grande obra de arte. 

Nesta ocasión reutilizamos e clasificamos tapóns de cores para logo crear flores e fundir as nosas pequenas creacións na pintura artística que David deixou plasmada no muro do cole. Logo gozamos do mural amosándollo ás nosas familias e fotagrafando ese instante para sempre.






 


luns, 5 de maio de 2025

PROXECTO TERRA: DEBUXAMOS A NOSA HISTORIA

 Nos nosos cadernos de campo, debuxamos parte da nosa historia, parte do noso patrimonio...

IGREXA DE SANTA MARÍA

PORTA DE CARLOS V

PONTE DA MISERICORDIA


GALERÍAS

CASAS DE REMO