E ao longo desta semana quixemos celebrar a fin de curso con moitas experiencias e actividades interesantes e enriquecedoras. Mira, mira...
PRAIA DE COVAS, PARQUE PERNAS PEÓN E IOGA

Grazas Hugo Eiroá por facelo posible.
PARQUE DA MISERICORDIA E XOGOS
Tamén fixemos unha merenda conxunta e especial e despedimos aos nosos compañeiros/as de 6º que marchan para o CEP Lois Tobío. Os nosos mellores desexos para eles/as nesa nova etapa.
E así remata este curso 2025-2026, que pasou axiña, pero no que aprendimos moito xuntos. Pasiño a pasiño pero con paso firme gozando de cada momento vivido.
Grazas peques e grazas familias.




Ningún comentario:
Publicar un comentario