mércores, 27 de outubro de 2021

OS NOSOS NOMES



 O mundo está cheo de palabras... A primeira palabra que escoitamos nada mais nacer é o noso propio nome. Os apelidos ou apelido, segundo o noso pais de orixe(Rumania, Venezuela, España, Colombia...) completan a nosa identidade, un agasallo de papá e de mamá.


 O que máis lles gustou aos nenos/as foi descubrir o significado dos seus nomes... 

martes, 26 de outubro de 2021

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Onte celebramos o Días das bibliotecas(24 de outrubro), fixemos uns colgaportas chulísimos e comezamos coa 1º viaxe da mochila viaxeira neste curso.







luns, 25 de outubro de 2021

COIDANDO A PRAIA DE COVAS

 O pasado venres, 22 de outubro, participamos na limpeza  da praia de Covas xunto co alumnado doutros centros de Viveiro. A actividade estivo enmarcada dentro do programa Voz Natura da Voz de Galicia  para  celebrar o seu 25º aniversario na Mariña.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2021/10/22/parte-gran-familia-voz-natura-marina-celebra-25-anos/00031634903003578478411.htm

 Debemos coidar do noso planeta e os super Plumitas implicáronse moitísimo, son xeniais...

                       


 Para máis información entrade en...

https://voznaturanaeeisanroque.blogspot.com/

venres, 22 de outubro de 2021

xoves, 21 de outubro de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

 Para conmemorar esta data , o 19 de outubro, o Día das escritoras, convidamos ao noso cole á mestra e escritora viveirense María Rolle Ínsua. Quixo acompañarnos en streaming léndonos o conto señor Ramón e a señora Ramona quedando pendente que na seguinte visita que nos faga nos falará do seu libro Esta non é outra historia de piratas.

         




 Se queredes escoitar de novo o conto, déixovos esta curta do CEIP PLurinlingüe de Covas onde foi docente durante tantos anos María Rolle.

luns, 18 de outubro de 2021

UN PLÁTANO POLA PALMA

 O pasado venres celebramos o Día mundial da alimentación(16 de outubro) co fin de fomentar unha alimentación saudable e apoiar nestes duros momentos á Palma, comendo un plátano de Canarias e lembrando a tódalas familias que viven da plantación desta riquísima froita e a tódolos nenos/as  que a día de hoxe non poden asistir ao cole por mor da erupción do volcán. Tódolos nenos e nenas trouxeron para merendar un plátano de Canarias, grazas familias por apoialos nesta boa causa. 





.

 Martina tamén quixo estar con nós este día na distancia, precisamente nesa viaxe que fixo en familia atopábase máis preto da Palma que nós desde Viveiro. Grazas familia pola vosa colaboración.





xoves, 7 de outubro de 2021

INVENTANDO SERIES

 Despois de traballar as series en pasados cursos, con plastilina, pegatinas, tapóns, ensertables, números, letras... volvimos a recordalas e a inventar cada un a súa.

mércores, 6 de outubro de 2021

VERDECONTOS, CREANDO COA IMAXINACIÓN

 Menudos artistas os SUPER PLUMITAS, como nos chama Librín, despois de escoitar a historia de VERDECONTOS, deixamos voar a nosa imaxinación e este foi o resultado... 




 De tódolos Verdecontos tivemos que seleccionar un, non foi unha tarefa sinxela, adiviñade cal foi o máis votado dentro do grupo-aula?