luns, 18 de outubro de 2021

UN PLÁTANO POLA PALMA

 O pasado venres celebramos o Día mundial da alimentación(16 de outubro) co fin de fomentar unha alimentación saudable e apoiar nestes duros momentos á Palma, comendo un plátano de Canarias e lembrando a tódalas familias que viven da plantación desta riquísima froita e a tódolos nenos/as  que a día de hoxe non poden asistir ao cole por mor da erupción do volcán. Tódolos nenos e nenas trouxeron para merendar un plátano de Canarias, grazas familias por apoialos nesta boa causa. 





.

 Martina tamén quixo estar con nós este día na distancia, precisamente nesa viaxe que fixo en familia atopábase máis preto da Palma que nós desde Viveiro. Grazas familia pola vosa colaboración.





Ningún comentario:

Publicar un comentario