Os nosos compañeiros/as de 6º prepararon un conto cun comunicador, Oso pardo, oso pardo, que ves aquí?, porque todos/as temos dereito a expresarnos aínda que a nosa voz non nolo permita. Grazas por telo compartido con nós.
Páxinas
Etiquetas
sábado, 6 de xuño de 2026
domingo, 31 de maio de 2026
OBRADOIROS POR XÉNERO(3º trim.)
E continuamos cos nosos obradoiros por xénero, nesta ocasión:
TAREFAS DO FOGAR PARA OS NENOS
CONTRUCIÓNS PARA AS NENAS
luns, 25 de maio de 2026
IOGA NAS NOGUEIRAS(7ª sesión)
O pasado mércores, nas Nogueiras, no noso pequeno recuncho da natureza, gozamos da nosa 7ª sesión de ioga con Hugo Eiroá.
domingo, 19 de abril de 2026
XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA
domingo, 12 de abril de 2026
IOGA NAS NOGUEIRAS(6ª sesión)
O pasado mércores en plena natureza, nas Nogueiras, co son de fondo dos paxaros e da auga do regato gozamos da nosa 6ª sesión de ioga deste curso.
luns, 6 de abril de 2026
DÍA DO AUTISMO(2 abril)
Para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, achegámonos ao transtorno do aspectro autista(TEA) a través de dúas curtas moi interesantes e coñecendo o símbolo infinito coas cores do arco da vella, que representa a diversidade que existe no autismo. Visibilización e inclusión dentro do noso proxecto PIE.
OBRADOIROS POR XÉNERO(2º trim.)
Nun dos últimos días do trimestre tivemos a nosa segunda experiencia para eliminar os clichés sociais. Estamos realizando en cada trimestre actividades asociadas tradicionalmente ao xénero oposto co fin de aprender por separado e compensar as debilidades de cada xénero.
ACTIVIDADE E MOVEMENTO CON CABALOS PARA AS NENAS
SESIÓN DE RELAXACIÓN PARA OS NENOS
domingo, 15 de marzo de 2026
luns, 16 de febreiro de 2026
ENTROIDO 2026: TODAS AS PEZAS ENCAIXAN.
Canto gozamos do Entroido... Obradoiros de disfraces para os/as peques e as familias, de máscaras, festa, sobremesas ricas... E nesta ocasión as nosas pezas representan as nosas diferenzas pero tamén a unión, TODOS ENCAIXAMOS.
mércores, 17 de decembro de 2025
IOGA(3ª sesión)
Seguimos buscando con Hugo a paz interior, cos xestos, as diferentes posturas, os sons que escoitamos...
OBRADOIROS POR XÉNERO(1º trim.)
Comezamos cunha nova experiencia coa idea de elimininar os clichés sociais. Realizaremos en cada trimestre actividades asociadas tradicionalmente ao xénero oposto co fin de aprender por separado e compensar as debilidades de cada xénero.
mércores, 3 de decembro de 2025
DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL(3 decembro)
Para conmemorar o Día da diversidade funcional ou Día da discapacidade recibimos a visita de Marta, con Síndrome de Down, e de Laura. Contáronnos un conto moi especial POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA, que nos fala das diferencias e do que iso nos enriquece. Grazas por acompañarnos.
Tamén vimos algunha curta que nos fala dalgúns tipos de discapacidade e dialogamos sobre o tema...
sábado, 29 de novembro de 2025
25 N: AS AVOAS E OS SEUS OFICIOS
As nosas avoas, mulleres referentes polo 25 N, Día Internacional da Non Violencia. Cantas visitas esta semana, algunhas das nosas avoas quixeron acompañarnos e falarnos dos seus oficios, elas abriron moitos camiños e aportaron o seu gran de area caro ao do dereito a traballar en igualdade e en contra da violencia de xénero.
A BOTICARIA(Mari Carmen, a avoa de Valeria)
A EMPREGADA NA FÁBRICA DE CONSERVAS(Encarna, a avoa de José)
A AMA DE CASA(Lita, a avoa de Aleix)
MESTRA(Marta, a avoa de Mari)
A AXUDANTA DE QUIRÓFANO(Manoli, a avoa de Emma M.)
Grazas avoas por formar parte das nosas vidas.
venres, 21 de novembro de 2025
O DÍA DO PIXAMA
Hoxe para visibilizar os dereitos dos nenos e das nenas viñemos ao cole en pixama. Cada 20 de novembro queremos coñecer e lembrar de novo cales son os dereitos da infancia, a alimentación, a educación, a sanidade, a vivenda ... sen esquecer o dereito a ter unha familia. Falamos das nosas familias, de quenes a compoñen. Tivemos un contacontos para visualizar os difentes tipos de familia que existen, no noso centro hai moi diversos tipos de familia. E tamén falamos de como se senten os nenos/as que teñen que vivir en residencias infantiles porque non teñen unha familia, da importancia das familias acolledoras a través de ASEAF...
sábado, 15 de novembro de 2025
xoves, 9 de outubro de 2025
A NOSA PRIMEIRA CLASE DE IOGA
O pasado mércores tivemos a oportunidade de coñecer a Hugo Eiroá e compartir unha experiencia nova a través do ioga. Momentos de relax, de tranquilidade, de medo ao descoñecido... afloraron un motón de emocións, a verdade. Repetiremos...






















































