luns, 30 de novembro de 2020

CASTAÑAS DO CASTIÑEIRO

 Do 23 ao 27 de novembro celebramos O Magosto(EDLG), este ano, de xeito diferente pero tamén especial. Xogamos nos recunchos con diferentes xogos e actividades con castañas e tamén en Psicomotricidade. Cantamos a canción do Magosto(13 lúas), ilustramos o refrán A castaña no agosto quere arder, e no setembro berber e lemos o conto La castañera.



domingo, 29 de novembro de 2020

FAMILIAS DIFERENTES. FAMILIAS ESPECIAS

 Este ano para conmemorar o 25 N- Día da igualdade e a non violencia de xénero(Biblioteca) partindo do libro das nosas familias, que elaboramos o pasado curso coas fotos da familia de cada neno/a, afondamos nos membros que poden formar parte dunha familia e os diferentes tipo de familias que existen.



xoves, 26 de novembro de 2020

SOMOS CIENTÍFICOS

 En novembro, no Mes da Ciencia(Biblioteca), nos convertemos en científicos:

GLOBOS ELÉCTRICOS(globos e papel)

TINGUIMOS FOLLAS E FLORES(auga, colorante, follas de repolo e flores)







LEITE MÁXICA(leite, colorante e xabrón)






PANOS MÁXICOS(panos de papel, rotuladores e auga)




VASOS COMUNICANTES(vasos, panos de mesa, témpera misturada con auga)


                                      

luns, 23 de novembro de 2020

QUE SABEMOS DO CORPO?

 Seguimos descubrindo o noso corpo, recollimos todo o que sabemos do mesmo... Nestes días profundizamos o noso coñecemeto sobre as nosas mans(man dereita, esquerda, dedos, nome dos mesmos...), os nosos pés(dedas, nº de pé...) e as partes da nosa cara a través do poema En mi cara redondita de Gloria Fuertes.










domingo, 22 de novembro de 2020

FALAMOS DAS NOSAS MASCOTAS

 Continuamos coñecendo ás nosas mascotas. Lembramos a COCO, TEO, ESPINETE... e coñecimos máis de preto a NUTELLA, LOLA, PANCHO e aos outros peixiños, NEKO, NASTY, DOLY, TIGRE e JARLI.








 Seguimos completando o libro das mascotas e facendo aportacións á nosa protectora PATAS PELUDAS.


sábado, 21 de novembro de 2020

O MEDO

 Comezamos no Samaín cos contos de medo, nos adentramos así nesta emoción que comezamos a sentir desde que somos ben pequenos/as. Estes son os contos que apareceron na nosa CASIÑA DOS CONTOS...



 Tivemos que escoller a dúas das personaxes que nos deran máis medo dos mesmos e debuxalas con rotuladores.

                                    





luns, 16 de novembro de 2020

UNHA VISITA ESPECIAL

 A semana pasada recibimos unha carta de forma inesperada, apareceu na nosa aula sen saber como. Tivemos que responder á mesma para que alguén que nós descoñeciamos nos viñera visitar. A verdade que había moita expectación por descubrir quen era o remitente daquel sobre xa que dentro del había un óso. Ao día seguinte ao entrar na aula atopamos algo no corcho que nos deu un pouco de medo, polo que saímos correndo cara ao corredor, pechamos a porta e abrímola de novo un pouco para entrever que era aquilo que estaba cuberto cunha tea, parecía unha pantasma. Finalmente, decidimos entrar pero sen superar o medo ao descoñecido... Atopamos ósos no chan e a profe foi retirando a tea con moito coidado descubrindo así a personaxe que nos enviara a carta, un esqueleto, o esqueleto Felipe, así se chama. Tivemos moito medo! Mistura de pánico e sorrisos! 

 Felipe viña acompañado dunha maleta con roupa e nos pedía que o vestíramos, non foi fácil... Quixémolo tocar, algúns decidiron esperar uns días para facelo, escollendo diferentes partes e modelamos con plastilina un esqueleto.

                     

                          








sábado, 14 de novembro de 2020

SETEMBRO E OUTUBRO

                                

 Este curso continuamos traballando co calendario, tódolos días na asemblea rodeamos o número do día, riscamos o do anterior, contamos, sinalamos as datas importantes, lembramos cales son os días da semana, o mes, o ano e a estación. Cantamos a canción das estacións, dos meses e dos días da semana.


mércores, 11 de novembro de 2020

O LIBRO DAS MASCOTAS




 Xa nos empezan a chegar fotos e vídeos das novas mascotas das familias. O pasado curso elaboramos un libro coas fotos das mascotas dos nenos/as e os seus nomes e este curso pretendemos amplialo con todo o que as familias nos vaiades aportando. Lembrade que na nosa protectora virtual PATAS PELUDAS poderedes seguir informándovos de todo o relacionado coas nosas mascotas. Podedes ver  aquí un vídeo de TORTU e  PINCHITOS, as nosas tartarugas na súa casa de acollida, que ademáis vos pode servir para facer o vídeo coa vosa mascota.