sábado, 7 de novembro de 2020

O OUTONO XA CHEGOU


    Desde que o outono xa chegou, o 23 de setembro, estamos enchendo a aula das cores marrón, amarela, laranxa e vermella. Os nenos/as, por inicitiva propia, quixeron traer algúns elementos da natureza que nos proporciona esta estación.

                

    Cantamos a canción do outono, a canción das estacións, pintamos follas, fixemos un mural, unha obra de arte(misturando as cores) e estamos aprendendo unha poesía de Ana María Fernández. Na asemblea lembramos, tamén, as características desta estación de cores cálidas, así como as festas propias deta época, O Samaín, que celebramos a pasada semana e O Magosto que celebraremos a finais deste mes.





Ningún comentario:

Publicar un comentario