sábado, 7 de novembro de 2020

DESCUBRIMOS O CORPO



 O nen@ desde que nace vai descubrindo o seu corpo, as súas partes, avanzando nas súas destrezas motoras e descubrindo os coidados necesarios que necesitamos para mantelo, alimentación saudable, hixiene, descanso... O curso pasado fómolo descubrindo coas cancións, bailes, xogos, hábitos de hixiene... Este curso reforzaremos máis contidos comezando pola nosa identidade sexual(sexo biolóxico), sen confundilo coa nosa identidade de xénero(apariencia, como nos sentimos, como actuamos, como nos relacionamos); a nosa cor de pel, coñecemos diferentes cores de pel e nos identificamos cunha delas; algunhas partes do noso corpo e a cantidade de cada unha delas; xogamos en Psicomotricidade, utilizando como recurso básico o noso corpo...





                                               

Ningún comentario:

Publicar un comentario