luns, 2 de novembro de 2020

O NOSO SAMAÍN


  Como gozamos desta festa de orixe celta, os nosos antepasados pensaban que as portas do Alén se abrían, e que as almas dos mortos volvían para visitaren ás súas familias ... Unha semana contando contos de medo; cantando a canción do Samaín(Iván Vale); bailando; realizando obradoiros de modelado con plastilina, de elaboración de monstros orixinais, de debuxo; construíndo monstros no recuncho dos crebacabezas; decorando a aula ... Esta festa tradicional sempre nos da moito xogo, festa chea de maxia que esperamos ansiosos ao longo de todo o ano. Podedes ver outras actividades que se fixeron no centro a través deste enlace:
















Ningún comentario:

Publicar un comentario