Amosando publicacións coa etiqueta Plambe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plambe. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de maio de 2026

MICRORREDE DA MARIÑA: DESEÑANDO A MARIÑA

   Microrrede da Mariña, é unha inicitiva, impulsada polo PLAMBE, que reúne as bibliotecas escolares da Mariña para traballar colaborativamente. 

    Baixo o título Deseñando a Mariña, a exposición colectiva convertiu o Salón Multiusos do Concello de Viveiro nun gran escaparate de talento, creatividade e identidade comarcal.

    Esta foi a nosa aportación:





venres, 8 de maio de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

 Nesta ocasión adicounos un anaco do seu tempo Iago, o papá de Valeria. O libro escollido foi a historia da toupiña que anda na procura de quen lle puido deixar aquela caca na cabeza, un conto divertido e coñecido. Ademáis, non só poidemos gozar da narración senón que ao final da sesión de lectura Valeria e Iago nos tiñan preparado un bonito agasallo. Grazas por acompañarnos.



domingo, 26 de abril de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: A QUE SABE A LÚA? + EL PEZ ARCOÍRIS

     Esta semana tivemos doble sesión do Escoitamos como les.

    A mamá de Nina, Saray, contounos o conto A que sabe a lúa?, que nos fala da importancia da unión e axuda aos demáis.

 E Bruno, o papá de José, un conto moi interesante que nos fala de compartir e da amizade, El pez Arcoíris.

                                        

Grazas aos dous por ter compartido un anaco do voso tempo con nós e por traernos unha sorpresa.

domingo, 19 de abril de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: O COELLIÑO BRANCO

 O martes pasado acompañounos a mamá de Noa, leunos o conto O coelliño branco, un dos nosos favoritos. Grazas Alicia por compartir o teu tempo con nós e polo agasallo que ti e Noa nos preparástedes, menuda sorpresa!.



domingo, 12 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO INFANTIL: THE GRUFFALO

 


 O pasado 2 de abril foi tamén o DÍA DO LIBRO INFANTIL, e para celebralo a teacher Mariana preparou un conto moi interesante The Gruffalo, coa colaboración da profe Tania


domingo, 5 de abril de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: MI PRIMER SISTEMA SOLAR

 Unai e a súa mamá, Raquel, escolleron un libro para entrar en contacto co Sistema Solar, os planetas, o sol, as estrelas..., MI PRIMER SISTEMA SOLAR. Grazas Raquel por acompañarnos, polo agasallo e por adicarnos un anaco do teu tempo.



domingo, 22 de marzo de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: A SOPA QUEIMA

 Nesta ocasión acompañáronnos a mamá e o papá de María, Noemí e Carlos. Escolleron para nós un conto cheo de fantasía que se titula A sopa queima. Grazas por compartir este tempo con nós e por facer voar a nosa imaxinación ao escoitar esta pequena historia.




xoves, 5 de marzo de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: A MELLOR SOPA DO MUNDO

 Comezamos cunha nova proposta da Biblioteca, a actividade ESCOITAMOS COMO LES. Emma e o seu papá escolleron unha historia fermosa, A mellor sopa do mundo. Grazas Luciano por ter compartido este tempo con nós, sempre agradecemos moito que veñades a lernos e a contarnos, gozamos tanto dos contos que calquera momento é perfecto. Grazas, ademáis, pola sorpresa que nos preparástedes...