mércores, 24 de febreiro de 2021

SEMPRE ROSALÍA

 Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía(EDLG), data do seu nacemento. Como nos gusta coñecela cada curso un pouquiño máis; cantar o poema musicado por Migallas Eu ben vin estar o moucho; idear o noso moucho xigante na mesa de luz; cantar a canción de Iván Vale Sempre Rosalía...

 Lembrando a lingua materna de Rosalía, a lingua propia de Galicia, e tamén a nosa lingua conmemoramos o Día da lingua materna(21 de febreiro).






 Mirade que fixemos entre tódolos neno/as do cole para conmemorar este día:



venres, 19 de febreiro de 2021

O LIBRO XIGANTE DOS ANIMAIS: AVES

 Tomando como centro de interese as nosas mascotas ampliamos os nosos coñecementos sobre os animais, tipos, características... O núcleo motivador foi a nosa mascota Plumitas e a partir de aí, os paxaros que comezamos a ver desde a fiestra da nosa aula e no patio do cole. Comezamos a falar dos paxaros, nos preguntamos se os paxaros son aves, se ai outro tipo de aves... E así comezou a nosa investigación... Xurdeu a idea de elaborar un libro xigante con  todo o que vamos aprendendo, partiremos sempre das nosas mascotas e vendo así a que grupo de animais pertencen, as súas características... Lembrade que todo o relacionado coas mascotas o podedes ver na nosa protectora virtual PATAS PELUDAS.











                    

xoves, 18 de febreiro de 2021

LEMBRANDO O ENTERRO DA SARDIÑA


 Este ano tocóunos facer unha lembranza desta festa local, que tantos anos levamos celebrando no cole, coa que remata o Entroido... Visualizamos o vídeo recordatorio colgado na web no EDLG, debuxamos as sardiñas e cantamos a canción, co desexo de que o vindeiro curso podamos pasear á sardiña como en tantas outras ocasións.


venres, 12 de febreiro de 2021

O ENTROIDO FESTEXAMOS

 Como gozamos esta semana cos mandatos da Meca(EDLG), creando máscaras no recuncho da plástica, debuxando, cantando e bailando... 

  Agora podedes xogar lembrando a canción do Entroido: ENTROIDO










xoves, 11 de febreiro de 2021

CREANDO ROBOTS

 O 11 de febreiro conmemoramos o DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA(Biblioteca) polo que ao longo da semana coñecimos a Rocío Martínez Núñez, inventora dun robot capaz de analizar 2.400 PCR nun día; falamos dos robots que tiñamos na casa; xogamos co escornabot no recuncho da lóxica-matemática; visitounos un robot aspiradora; construímos cada un/unha un robot; deseñamos un robot entre tod@s ao que lle chamanos CORAZÓN; limos o conto de Norton e Alfa; contacontos de Ada magnífica científica...










Aquí vos deixo uns xogos: DÍA DA MULLER  E A NENA NA CIENCIA



luns, 8 de febreiro de 2021

CONSTRUÍNDO OS NOSOS NOMES

 Continuamos traballando coas palabras, coas letras que as compoñen... Aprendemos xogando coa tablet e construíndo os nosos nomes coas pezas das construcións nos recunchos. Traballamos a motricidade fina, a orientación espacial e tamén a creatividade.





sábado, 6 de febreiro de 2021

BROTAN AS CASTAÑAS

 Menuda sorpresa nos levamos, por fin están brotando as nosas castañas. Plantámolas a mediados do mes de decembro, a partir daquela actividade A fraga do meu avó, coa idea de repoboar as fragas con especies autóctonas. Sabiamos que lles levaría tempo pero por fin chegou o momento.





                  


 Déixovos un novo xogo para que ordenedes o proceso de plantación e xerminación da castaña, lembrade que tamén o tedes no apartado Os nosos xogos.


venres, 5 de febreiro de 2021

NACEMENTO DUN BECERRO

 Tivemos a sorte esta semana de ver a un becerro que acababa de nacer. A familia Soto Martínez tivo a ocasión de podelo presenciar dando un paseo en familia. Nos enviaron o vídeo e puidemos velo na aula esta semana. Aos nenos/as resultoulles moi interesante. Grazas familia.











xoves, 4 de febreiro de 2021

UN ENTROIDO COA MECA

 Estamos cos preparativos do Entroido,  nestes días apareceu a Meca vestida dun xeito un pouco estrano... Aprenderemos unha canción e pasarémolo moi ben, xa veredes...

Se vos apetece escoitala aquí vos deixo o enlace EDLG.



mércores, 3 de febreiro de 2021

BUSCANDO O NORTE

 Por fin chegou o momento de poder ver a nosa curta Buscando o Norte, eloborada o pasado curso dentro do programa Nós tamén creamos. Tódolos nenos/as participaron dalgún xeito nesta creación, poñendo a súa voz, preparando os escenarios... 

Para vela podedes entrar no seguinte enlace BUSCANDO O NORTE.

 Déixovos un xogo de memoria e secuenciación:

BUSCANDO O NORTE(secuencia)