Ao longo destas dúas últimas semanas nos adentramos no mundo das 3R e conmemoramos así, o Día da Terra(22 de abril).
Falamos de como podemos REDUCIR o consumo de auga, luz, papel, envases de plástico(usamos cantimploras nas merendas)...
Coa axuda do blog de VOZ NATURA, cos vídeos e actividades realizadas reforzamos contidos, así como coas actividades da proposta didáctica ENERXÍA PARA MEDRAR do EROSKI.
Elaboramos diferentes caixas do lixo no recuncho da plástica para RECICLAR e clasificar os residuos que xeramos...
E non podemos esquecer a palabra REUTILIZAR, hai moitísimas cousas que en lugar de tiralas ao lixo as podemos usar de novo pero con outro finalidade. No cole reutilizamos, agora anímate a facelo na casa...
Para seguir aprendendo máis sobre este tema nos conectamos por streaming onte, cunha proposta do Concello sobre as 3R.
Agora cantamos: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR...
Ningún comentario:
Publicar un comentario