E despois do Período de Adaptación comezamos a aprender as rutinas do cole. Aos nenos e nenas, as rutinas diarias, axúdanlles a anticipar acontecementos, coñecer o entorno que lles rodea, superar medos e temores ao descoñecido, ter seguridade e confianza en si mesmo, favorecer o desenvolvemento da autonomía persoal e coñecer as estruturas temporais e nocións secuenciais.
ENTRAMOS NO COLE, POÑEMOS O MANDILÓN, CANTAMOS AS CANCIÓNS DE BENVIDA, COLLEMOS A FOTO E O NOME NA CASIÑA, COLOCÁMOLOS NO COLE, ASEMBLEA(pasamos lista, contamos o conto da Pitiña Carlota, cancións de corro, cancións das mascotas na PDI...), HORA DE LER, XOGO LIBRE OU DIRIXIDO POR EQUIPOS, IMOS AO BAÑO, MERENDA, SAÍMOS AO PATIO(xogo libre ou dirixido), XOGO LIBRE NOS RECUNCHOS, TRABALLO DE MESA(en pequeno grupo), LEMOS UN CONTO, MODELAMOS CON PLASTILINA, BAILAMOS, QUITAMOS O MANDILÓN E SAÍMOS.
Que ben o pasan!! Grazas por cuidalos tan ben 💜
ResponderEliminarGrazas Lidia! Intentamos que gocen de cada momento e que o cole sexa un lugar moi especial para el@s!
ResponderEliminar