Onte aínda que foi un día cheo de festa e alegría tamén foi un día triste pola despedida. Quero pensar que será un ATA SEMPRE, os meus nenos/as, os meus SUPERPLUMITAS, un grande equipo, estou segura, pola complicidade, o respecto que nos tivemos e tódolas vivencias que compartimos nestes 3 anos(2019-2022) e que xamáis esqueceremos.
Grazas Marina, Carmen R., Azahara, Celia, Carmen S., Santino, Julia, Hugo, Irene, Gabriela, Mathias, Noa, Dylan, Luna, Crismeiry, Ángela, Martina, Mario, Alesia, Gabriel, Mateo, Miguel Ángel e Sofia.
Grazas por ensinarme tanto neste tempo e por compartir comigo os vosos soños e ilusións e por tantas, tantas... gañas de aprender. Foi bonito crecer ao voso carón, porque vós crecístedes e eu tamén un pouquiño máis. Sempre vos levarei no meu corazón. Os meus mellores desexos para esa nova singladura que comezaredes en setembro e na que xa non poderei viaxar con vós.
Grazas mamis e papis, por estar aí sempre, sen o voso respaldo o noso traballo non sería posible.
Chus e Pablo e tódalas mestras da EEI San Roque queren desexarvos un bo verán e moita, moitísima sorte na vosa nova etapa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario