Despois da campaña do Nadal MÁIS XOGUETES, LIBROS, CONTOS E MENOS PANTALLAS e de falar sobre os agasallos que nos trouxeron os Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador descubrimos a mañá do mércores dúas caixas de madeira algo misteriosas... Apalpamos, desinfectando as mans, sen ver o que había dentro, e imaxinando sen dicir nada o que tocamos... Logo pechamos os ollos e todos e todas á vez dixemos as palabras que estaban no noso pensamento... CONCHA, HUESO, PIEDRA, ROCA, CARBÓN... entre outras. Descubrimos deste xeito e despois de ver o que contiña cada unha que eran CAIXAS MÁXICAS, unha das propostas feitas por Uxía nesta campaña.
Mirade todo o que creamos no recucho...
Animádevos a construir tamén a vosa caixa máxica é moi sinxelo, o contido pode ser moi variado, podedes meter nela o que se vos ocurra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario