Retomamos o tema da rosa dos ventos, dando continuidade a esa pequena creación que fixemos Camiñando cara ás emocións e que quedou plasmada no noso calendario escolar.
A rosa dos ventos como unha guía no camiño, como unha ferramenta para orientarnos, buscando o Norte e indicando así tódalas coordenadas. Experimentamos cunha rosa dos ventos real e logo cunha creada no recuncho da plástica. Así percibimos as coordenadas co noso propio corpo, nos orientamos primeiro nunha cuadrícula do patio e logo polos diferentes espazos do cole... Desde o patio camiñamos cara á Biblioteca, desde a Biblioteca á entrada do cole, e da entrada á nosa aula... Seguiremos practicando por equipos...
Agora un reto: Sabedes onde se atopa unha rosa dos ventos xigante en Viveiro?
Douvos unha pista: está moi preto dun monumento importante de Viveiro...
Intentade adiviñalo en familia...
Ningún comentario:
Publicar un comentario