luns, 31 de maio de 2021

EMOCIÓNS: PERCORRIDO POLO MONTE ALOIA E EMOTICONOS.

 Continuamos traballando coas emocións, coa axuda da rosa dos ventos e na cuadrícula do patio facemos un percorrido polo monte Aloia como proposta do proxecto da Fundación Meniños, Viaxe ao reino das emocións(EACE).



 Por certo, cando comezamos a xogar coa rosa dos ventos, propúxenlles aos nenos e nenas un reto que tiñan que conseguir co axuda da súa familia. Algúns buscaron e decubriron onde estaba a rosa dos ventos xigante en Viveiro. Julia, nos enviou esta foto da súa búsqueda en familia...


 Tamén elaboramos uns crebacabezas con emoticonos no recuncho da plástica que expresan alegría, enfado, medo, sorpresa e amor. Estes días estamos xogando con eles no recuncho dos crebacabezas.






Ningún comentario:

Publicar un comentario