Ao longo desta semana conmemoramos o Día escolar da Paz e a non violencia(30 de xaneiro) participando nas propostas do equipo da BIBLIOTECA, en colaboración co EDLG.
Cantamos a canción Todos queremos Paz, inventada pola profe Genma, coa colaboración dos nen@s de 6ºB, descubrimos os contos O rey que bordaba estrelas e Brancos e Negros. Bordamos estrelas, inventamos un título e un novo final para o conto dos elefantes, escribimos palabras que para nós significan a Paz(amor, bicos, abrazo, corazón, xogar, compartir, axudar, non pelexar, non facer guerras...) e ilustramos a canción.
Déixovos uns xogos para reforzar os contidos traballados, lembrade que tamén os tedes no apartado Os nosos xogos, na columna dereita do noso blog:
Ningún comentario:
Publicar un comentario