martes, 10 de xaneiro de 2023

AGASALLOS DO APALPADOR

 Hoxe comezamos un novo trimestre  e menuda sorpresa ao entrar na aula, un agasallo nos agardaba na zona da asemblea... Dentro dun saquiño había castañas polo que rápidamente descubrimos que fora o Apalpador o que nos deixara tal paquete. Os nenos/as estaban impacientes por abrilo, e entre todos/as conseguiron ver dentro daquela caixa dous xogos de madeira para compartir, un dominó super orixinal e un xeoplano interesante, ademáis dunha castaña que cada un gardará coma un tesouro, seguro.







1 comentario: