xoves, 6 de maio de 2021

UNHA ROSA DOS VENTOS NO CAMIÑO

 Retomamos o tema da rosa dos ventos, dando continuidade a esa pequena creación que fixemos Camiñando cara ás emocións e que quedou plasmada no noso calendario escolar.

 A rosa dos ventos como unha guía no camiño, como unha ferramenta para orientarnos, buscando o Norte e indicando así tódalas coordenadas. Experimentamos cunha rosa dos ventos real e logo cunha creada no recuncho da plástica. Así percibimos as coordenadas co  noso propio corpo, nos orientamos primeiro nunha cuadrícula do patio e logo polos diferentes espazos do cole... Desde o patio camiñamos cara á Biblioteca, desde a Biblioteca á entrada do cole, e da entrada á nosa aula... Seguiremos practicando por equipos...

           

             

            


 Agora un reto: Sabedes onde se atopa unha rosa dos ventos xigante en Viveiro? 

 Douvos unha pista:  está moi preto dun monumento importante de Viveiro...

Intentade adiviñalo en familia...

mércores, 5 de maio de 2021

LA EXTRAÑA VISITA

O pasado luns, 3 de maio, tivemos a sorte unha vez máis de participar na proposta da Microrrede da Mariña,  T-LEMOS... Só queremos dar ás grazas aos nenos/as  do CEP Lois Tobio, concretamente aos nenos/as de 3º A e a súa mestra. Foi moi divertido...

LA EXTRAÑA VISITA



luns, 3 de maio de 2021

MASCOTAS

 Continuamos co mundo da mascotas... 

UNHA NOVA NA NOSA REVISTA DIXITAL  PATAS PELUDAS

MACOTAS, UN NOVO XOGO COS ESCORNABOTS

     


PAXARIÑOS, OS NOSOS TÍTERES



QUE SABEMOS DOS CANS E OS GATOS?



venres, 30 de abril de 2021

ESCOITAMOS COMO LES, ESCOITAMOS COMO CONTAS...

 Nestes días gozamos dos contos lidos e contados, do teatro en streaming...

A MELLOR SOPA DO MUNDO






AS FABAS MÁXICAS

(Abanca+Caramuxo teatro)





As nosas fabas tamén serán máxicas?




LOBO FEROZ


Grazas a María(mamá de Hugo) e súa irmá Silvia(mamá de Ángel López) por dedicarnos parte do voso tempo contándonos este conto tan bonito e divertido. Gustóunos moitísimo!

PESAMOS OS ALIMENTOS... ETIQUETAS E MARCAS DOS PRODUTOS ...

 Continuamos co noso Plan Proxecta Alimentámonos ou nutrímonos...

 
                                                                                   


 Mirade que recibimos a semana pasada de parte do GADIS, por paticipar no seu programa ALIMENTES... Menuda sorpresa cando viron o paquete!





martes, 27 de abril de 2021

O BICO DE KLIMT

 O amor reflexado nunha das pinturas máis coñecidas de Klimt, O bico. Coñecemos algunhas das súas obras e as súas características...






luns, 26 de abril de 2021

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 O 23 de abril celebramos o Día do libro escoitando en streaming unha fermosa historia A manchas ou a raias?   da man da súa autora, a escritora e ilustradora catalana Estefanía Padullés, afincada en Paradela.  Unha vez máis un conto precioso. Tivemos a oportunidade de coñecela  a ela e a un dos seus contos Leopoldo, o pequeno monstro grazas aos nenos/as do cole de Covas. Encantados unha vez máis por tela coñecido, por poder falar con ela e por poder escoitar e ilustrar a súa obra.


 Lembrade que neste mes dos libros temos varias propostas no blog da BIBLIOTECA:

CITA A CEGAS NO MES DOS LIBROS

AS NOSAS XEOGRAFÍAS LECTORAS SACAN AS EMOCIÓNS AO CAMIÑO

 Esta semana tamén tivemos a oportubidade de descubrir este bonito conto Carapuchiña realizado pola gran familia/compañía ABERLÓ. Grazas unha vez máis por facelo posible quedamos encantados/as.