luns, 18 de outubro de 2021

UN PLÁTANO POLA PALMA

 O pasado venres celebramos o Día mundial da alimentación(16 de outubro) co fin de fomentar unha alimentación saudable e apoiar nestes duros momentos á Palma, comendo un plátano de Canarias e lembrando a tódalas familias que viven da plantación desta riquísima froita e a tódolos nenos/as  que a día de hoxe non poden asistir ao cole por mor da erupción do volcán. Tódolos nenos e nenas trouxeron para merendar un plátano de Canarias, grazas familias por apoialos nesta boa causa. 





.

 Martina tamén quixo estar con nós este día na distancia, precisamente nesa viaxe que fixo en familia atopábase máis preto da Palma que nós desde Viveiro. Grazas familia pola vosa colaboración.





xoves, 7 de outubro de 2021

INVENTANDO SERIES

 Despois de traballar as series en pasados cursos, con plastilina, pegatinas, tapóns, ensertables, números, letras... volvimos a recordalas e a inventar cada un a súa.

mércores, 6 de outubro de 2021

VERDECONTOS, CREANDO COA IMAXINACIÓN

 Menudos artistas os SUPER PLUMITAS, como nos chama Librín, despois de escoitar a historia de VERDECONTOS, deixamos voar a nosa imaxinación e este foi o resultado... 




 De tódolos Verdecontos tivemos que seleccionar un, non foi unha tarefa sinxela, adiviñade cal foi o máis votado dentro do grupo-aula?

xoves, 30 de setembro de 2021

OS BICHOS DA HORTA

  Ao longo destes días fixemos os debuxos da horta, falamos sobre as verduras e hortalizas que recollimos e os bichos que observamos na terceira visita á horta urbana e ecolóxica. Comeza para nós un novo centro de intererese...







xoves, 23 de setembro de 2021

IMOS Á HORTA

 Para dar continuidade ao traballo realizado o pasado curso, continuamos aprendendo coa horta urbana que está moi preto do noso cole. Nesta ocasión fomos recoller a colleita do plantado no mes de abril e observamos aos bichos que fomos atopando pola mesma... Agora imos investigar sobre este tema...


 Queremos agradecer desde o cole a boa acollida de Joaquín, grazas por facer que todo resultase sinxelo e por estar sempre dispoñible... José Antonio, Jorge, Pepita, Miguel e María José, grazas... Os nenos/as de 6º están encantados de ter ido á horta ecolóxica e de aprender tanto con vós...






mércores, 22 de setembro de 2021

martes, 21 de setembro de 2021

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

 Comezamos un novo curso con moita ilusión e gañas de reencontrarnos de novo... Lembrando os momentos vividos no verán e dando un repaso aos xogos, cancións, contos e curtas do pasado curso.