sábado, 12 de xuño de 2021

CANTAMOS CON LAS MANOS

 Esta semana participamos no concurso Cantamos con las manos, coa canción MULLER , como xa saberedes non saímos gañadores pero nos quedamos co grande traballo que fixemos en equipo no centro. Con gañas de seguir aprendendo a lingua de signos e de seguir traballando.

 Os vídeos gañadores  podédelos ver pulsando aquí:  CANTAMOS CON LAS MANOS


 A nosa noraboa aos premiados e o noso agradecemento ás familias por participar na votación, moitiiiiiiiiiiiiiiisimas grazaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaas!

luns, 7 de xuño de 2021

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE: TRASPLANTAMOS OS NOSOS CASTIÑEIROS

 Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño,  fomos a trasplantar os nosos castiñeiros. As nosas árbores seguían crecendo e precisaban unhas macetas máis grandes, coa axuda do persoal  de xardíns do Concello de Viveiro, cambiamos os castiñeiros das botellas de plástico a macetas xigantes para que crezan fortes e alcancen a altura adecuada para poder plantalos nun espazo natural do noso municipio. Os traballadores de xardíns serán os responsables de coidalos a partir de agora... Grazas a Santi pola súa colaboración e a Kiko por recibirnos tan ben no seu lugar de traballo.


  Aproveitamos a ocasión para percorrer algúns espazos de Viveiro, localizar algúns monumentos(porta de Carlos V, Ponte da Misericordia...), centros educativos(CEP Lois Tobío e IES Vilar Ponte) e ver a rosa dos ventos xigante dos xardíns Noriega Varela.




xoves, 3 de xuño de 2021

FAGO CLIC AO MEU BOCATA

 O pasado luns, 31 de maio, participamos na proposta da Consellería FAI CLIC AO TEU BOCATA... 



Agora queda que os nenos/as e as familias se animen a elaborar este tipo de bocatas tan saudables e que podan traelos ao cole os martes e xoves.

ABRIL E MAIO

 











mércores, 2 de xuño de 2021

PRIMAVERA

 Coa primavera todo se enche de flores, ata o noso cole...

MURAL DA PRIMAVERA

MODELAMOS CON PLASTILINA

ESTAMPAMOS CON FROITAS, HORTALIZAS 

E VERDURAS








martes, 1 de xuño de 2021

O LIBRO XIGANTE DOS ANIMAIS: MAMÍFEROS

 Continuamos traballando coas mascotas e cos animais, neste momento nos centramos nos mamíferos. Partindo das ideas previas sobre os nosos gatos e cans e as súas razas, investigamos sobre as características dos mamíferos, as nosas mascotas e outros animais que coñecemos  desta familia. Continuamos así completando O LIBRO XIGANTE DOS ANIMAIS, lembrade que o podedes ver completo en PATAS PELUDAS.












AGORA A XOGAR: