mércores, 23 de decembro de 2020

POR UN NADAL DE LUZ

 Celebramos o Nadal dun xeito diferente pero tamén moi especial... lendo contos, decorando o cole e a nosa aula, cantando panxoliñas, facendo manualidades e creando motivos propios detas datas. Conectámonos co Apalpador por streaming, falamos e cantamos para os nosos compañeiros/as doutros grupos do cole, por videoconferencia, Librín tamén nos deixou un conto especial no blog da Biblioteca.













Tocamos instrumentos para acompañar ás panxoliñas, modelamos creamos con regretas, nos disfrazamos... acuarelas de Nadal...

A LUZ DESTE NADAL NOS ILUMINARÁ O CAMIÑO...









martes, 22 de decembro de 2020

MÁIS SOBRE MASCOTAS

 Continuamos enriquecéndonos coas nosas mascotas, as dos nenos/as, as do cole... Nesta ocasión coñecemos e Lili&Lili, a Choni, Negrito e aos dous peixiños Nemo e Negrito. Tamén empezamos a investigar sobre os paxaros, tomando como núcleo motivador a nosa mascota Plumitas e todos aqueles paxaros que pasan polo noso cole e que vemos desde a ventá da nosa aula... pegas, gaivotas, pombas...

Tamén fixemos os debuxos das nosas mascotas, as que temos nas nosas casas e algúns dos nenos/as que non teñen as que lles gustaría ter, para velos tedes que acceder a PATAS PELUDAS, a nosa protectora virtual.








domingo, 20 de decembro de 2020

A FRAGA DO MEU AVÓ

 Esta semana participamos xunto cos nosos compañeiros/as de 5ºA na programación de teatro para escolares Afundación. Nesta ocasión a actividade proposta foi A fraga do meu avó do grupo musical infantil Mamá Cabra. Se pinchades na imaxe poderedes acceder á publicación que fixemos no blog de Voz Natura co traballo realizado arredor deste concerto didáctico.




sábado, 19 de decembro de 2020

INVESTIGAMOS SOBRE O CORPO



 Que enriquecedor e atractivo nos está resultando o proxecto do corpo, cantas cousas sabemos xa... Buscamos información nos libros da Biblioteca e en internet, analizamos radiografías... Os sons do corpo, os 5 sentidos, ósos, músculos, sangue, arterias e venas e algúns órganos básicos para a vida(cerebro, corazón, estómago, pulmóns, riles...).


  Debuxamos o noso corpo en base a todo o que fomos aprendendo ao longo deste trimestre...





venres, 18 de decembro de 2020

VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS

 Retomamos o proxecto da Fundación Meniños Viaxe ao reino das emocións(EACE) recordando o conto e ordenando as persoaxes do mesmo. Coñecimos tamén a uns robots moi especiais que habitan na casa escornabótica da Biblioteca de Librín e que queren tamén xogar con nós, dous pequenos Escornabots moi intelixentes e divertidos. Que ben o pasamos!





 Familias se queredes ter máis infomación sobre o proxecto de Meniños entrade no apartado de Actividades complementarias e extraescolares(EACE), aí atoparedes a páxina web da fundación, bibliografía, filmografía de interese sobre as emocións, xogos e outros recursos. Totalmente recomendable...




xoves, 17 de decembro de 2020

O BERRO DE MUNCH

 Continuamos traballando a emoción do medo a través da pintura O berro de Munch... As obras de arte fan fluír as nosas emocións.