Cangrexiños, celebramos unha fin de curso por todo o alto, unha fin de curso para finalizar unha etapa que comezamos xuntos fai 3 anos. Podo lembrar o voso primeiro día no cole... Non foi un comezo fácil, desde logo, pero no camiño aprendimos a entendernos e a ser un grande equipo. Descubrimos xuntos moitas cousas, mil experiencias compartidas e sobre todo moito amor, nesta promoción sentinme especialmente querida a pesar das barreiras que nos fomos atopando... Crecístedes demasiado rápido peques e seguro que quedaron moitas cousas por dicir, por vivir... Grazas por este tempo compartido, sempre vos levarei no meu corazón. Alá a onde vaian os vosos camiños que sempre vos leven a bo porto.
XOGANDO NA MISERICORDIA

CONTACONTOS: XELA, AVENTURAS NA FRAGA
MERENDA E FESTA
GRAZAS A TODOS/AS POLO CARIÑO RECIBIDO ESTES TRES CURSOS. GRAZAS PEQUES POR DARME TANTO, GRAZAS FAMILIAS ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario