luns, 24 de marzo de 2025

ÁRBORE, AUGA E SÍNDROME DE DOWN

 Recibimos a primavera sementando e celebrando deste xeito o Día da árbore(21 de marzo) e o Día da auga(22 marzo), falamos da importancia das árbores na nosa vida, xa que nos proporcionan osíxeno e alimento, ao igual que as plantas e da necesidade da auga, elemento esencial da natureza e nas nosas vidas.




Tamén celebramos o Día da Síndrome de Down(21 de marzo), traendo calcetíns diferentes nos pés, como símbolodas diferencias entre as persoas e das diferentes capacidades... Lembramos tamén unha canción preciosa que coñecimos o ano pasado... Mira, mira...

Ningún comentario:

Publicar un comentario