Onte recibimos un agasallo moi especial, a nosa colleita e algo máis. Fomos plantar no mes de maio e Joaquín e José Antonio coidaron da nosa plantación durante todos estes meses. Mirade, mirade...
Lembramos a través deste vídeo como foi o día que fomos a plantar...
A vosa horta Joaquín foi e será para os nenos/as do San Roque unha grande experiencia, de aprendizaxe e de contacto coa natureza. Mil grazas por facelo posible todos estes anos. Sentimos moito que este lugar de experimentación peche as súas portas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario