Este martes, tocounos facer de emisarios, entregar, en representación do EEI San Roque, unha árbore froiteira, unha nectarina, aos que fan posible que a horta urbana que está moi preto do noso cole, sega tendo tanta vida. En agradecemento por cada un dos momentos que a visitamos, que plantamos, que recollimos colleita e que fomos tan ben recibidos.
Queremos agradecer, unha vez máis, a boa acollida de Joaquín, grazas por facer que todo resulte sinxelo e por estar sempre dispoñible... José Antonio, Jorge, Pepita, Miguel, María José, Manuela, grazas... Os nenos/as de 6º están encantados de ter ido á horta ecolóxica e de aprender tanto con vós... Xa teñen ganas de volver.
Ningún comentario:
Publicar un comentario