luns, 26 de outubro de 2020

O SOÑO DO OSIÑO ROSA

   

 O osiño choraba desconsolado porque perdera o seu soño. A xirafa entón estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no fondo do río… Pero con ningunha das cousas que lle trouxeron, conseguiron que deixase de chorar… ¿Con que soña un osiño rosa?





    Todos temos o noso soño pero descubrimos, a través desta fermosa historia, que o noso soño non ten porque ser o dos demáis... Soñamos con ser un unicornio, unha fada, unha bruxa, un policía, un médico, unha profesora, unha veterinaria, unha pediatra, ...

Ningún comentario:

Publicar un comentario