Páxinas
Etiquetas
sábado, 27 de marzo de 2021
xoves, 25 de marzo de 2021
ÉRASE UNHA VEZ...
Como gozamos cos contos, Librín déixanos moitos contos na casiña dos contos que temos na nosa aula, Rocío nolos conta e nós gozamos con eles. Nestes días, a historia dun paxaro que ninguén quería, Corvo e Leopoldo, o pequeno monstro, contado polos nenos/as de 4º do CEIP Plurilingüe de Covas, un conto que tamén nos fala da autoestima.
Completamos estas historias coa curta Paxariños que podedes ver no apartado das curtas.
mércores, 24 de marzo de 2021
MONDRIAN
Neste trimestre, coñecimos a Piet Mondrian, pintor holandés que utilizaba as cores pimarias(amarela, vermella e azul), liñas e formas xeométricas... Esta foi a nosa composición...
luns, 22 de marzo de 2021
21 DE MARZO: PRIMAVERA, ÁRBORE , POESÍA, TÍTERES...
A verdade que este ano descubrimos que o 21 de marzo e un día moi, moi sinalado... Conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Down, como xa vos contamos e como tamén todos e todas sabedes chega a primavera pero tamén é o...
DÍA DA POESÍA
Escollimos para celebrar este día o poema de Manuel María O arco da vella do seu libro Os soños na gaiola. Ao longo desta semana leremos a diario un poema desa obra que neste curso viaxa á casa dos nenos/as na mochila viaxeira.
DÍA DA ÁRBORE
Transplantamos os nosos castiñeiros que crecen e crecen cada día máis. Para plantar a semente reutilizáramos vasos de iogur e nesta ocasión reutilizamos botellas grandes de plástico(VOZ NATURA).
Tamén quixemos conmemorar o Día da auga(22 de marzo) non só regando os nosos castiñeiros despois de transplantalos senón tamén recollendo auga da chuvia no xardín do cole. De momento estes días non obtivemos resultados, choveu moi pouco en Viveiro... Esperamos poder usala en vindeiras ocasións para regar as nosas árbores.
DÍA DOS TÍTERES
Dentro do proxecto Viaxe ao reino das emocións da Fundación Meniños, elaboramos uns títeres coas personaxes do conto, os favoritos dos nenos/as foron: Draco, Andreia, Iris, Quirón...
SÍNDROME DE DOWN
xoves, 18 de marzo de 2021
mércores, 17 de marzo de 2021
VISITA VIRTUAL AO MUNCYT
martes, 16 de marzo de 2021
GADOUPAS BUSCA UN FOGAR PARA...
luns, 15 de marzo de 2021
CÓNTAME UN CONTO...
venres, 12 de marzo de 2021
ADENTRÉMONOS NO MUNDO DOS ALIMENTOS: MENÚS, RETRATOS CON FROITAS E HORTALIZAS E SECCIÓNS DO SUPER
Seguimos investigando sobre os alimentos, orixe dos mesmos, as seccións do super(panadería, chacinería, peixería, carnicería...), os folletos do supermercado. Elaboramos menús, retratamos ao estilo de Arcimboldo e xogamos no recuncho co ordenador ao xogos de Alimentes Dixital(GADIS).


xoves, 11 de marzo de 2021
COMO CRECEN OS CASTIÑEIROS
Mirade, mirade... como están crecendo os nosos castiñeiros.
martes, 9 de marzo de 2021
MULLER NO MAR
Así comeza a canción que a profe Rocío escribiu e que compuxo coa súa familia, MULLER . Un texto bonito adicado a tódalas mulleres, sen esquecer a ningunha... Conmemoramos cantando o 8 de marzo, o Día Internacional da muller(BIBLIOTECA), debuxando á muller da nosa vida; participando nun experimento social proposto a nivel de centro que leva por título TEITO DE CRISTAL e escoitando o conto que Librín nos propuxo para este día nunha nova CITA A CEGAS e ao que tivemos que poñer un título.