Recoñecimos á ira nun cadro de Oswaldo Guayasamin, nos contos da biblioteca de Librín e nas nosas experiencias...
LAS MANOS DE LA PROTESTA
Recoñecimos á ira nun cadro de Oswaldo Guayasamin, nos contos da biblioteca de Librín e nas nosas experiencias...
LAS MANOS DE LA PROTESTA
Recibimos a primavera sementando e celebrando deste xeito o Día da árbore(21 de marzo) e o Día da auga(22 marzo), falamos da importancia das árbores na nosa vida, xa que nos proporcionan osíxeno e alimento, ao igual que as plantas e da necesidade da auga, elemento esencial da natureza e nas nosas vidas.
Tamén celebramos o Día da Síndrome de Down(21 de marzo), traendo calcetíns diferentes nos pés, como símbolodas diferencias entre as persoas e das diferentes capacidades... Lembramos tamén unha canción preciosa que coñecimos o ano pasado... Mira, mira...
Unha semana máis visitamos o Espazo Creativo, onde sempre aprendemos xogando... Nesta ocasión tocamos instrumentos de percusión seguindo un patrón rítmico...
Que bonita actividade a de Escoitamos como les! Nesta ocasión foi a avoa de Liam a que nos contou esta historia tan bonita. Grazas Teresa por acompañarnos!
Descubrimos o mundo a través dos contos, a través da palabra e das ilustracións...
EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES
Nesta ocasión celebramos o Día da Muller xogando en familia na Biblioteca ...
Tamén limos este conto que nos ilustra os estereotipos de xénero na nosa sociedade... Estamos no camiño de educar para cambialos...