sábado, 26 de outubro de 2024

PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN

 

 Andamos moi nerviosos agardando e preparando o Samaín. Arañas, calaveras, gatos negros, cabazas, vampiros, morcegos, bruxas... Preparando o noso baile e gozando co medo.





 E coas cabazas da horta...


E tamén recunchos de Samaín...



ALEGRÍA, CONTINUAMOS DESCUBRINDO AS EMOCIÓNS...

 Comezamos un novo curso cunha das emocións imprescindibles na nosa vida a ALEGRÍA. A través da pintura, da música e da literatura nos aproximamos un pouco máis a ela...

EL ÁRBOL DE LA VIDA(Karla Gerard)




                                                                     




MÚSICA


O SORRISO DE DANIELA









xoves, 24 de outubro de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS... CELEBRANDO O ANIVERSARIO DE LIBRÍN

 Esta data é importante para nós, a nosa mascota da Biblioteca celebrou hoxe o seu aniversario, xusto o Día das Bibliotecas Escolares. Nesta ocasión agasallounos cun teatro de sombras e unha merenda especial. Nós para agradecerllo fixemos uns super Libríns con plastilina.

TEATRO DE SOMBRAS




luns, 21 de outubro de 2024

AS MOCHILAS VIAXEIRAS, UN AGASALLO DE LIBRÍN

 Hoxe comezamos un novo camiño coas MOCHILAS VIAXEIRAS, un curso más contamos con este préstamo especial de Librín...


                                                



xoves, 17 de outubro de 2024

A SANDÍA DA HORTA PARA AS BROCHETAS DE FROITA


Decidimos facer unha brocheta de froita coa sandía da horta... Trouxemos plátanos, mandarinas e uvas da casa e completamos así os ingredientes desta fresca e rica receita. Melloramos a nosa motricidade fina pelando, cortando, colocando a froita nas brocheta, ademáis de poñer en práctica diferentes destrezas  lóxico-matemáticas(contamos, formas, ao cortar, tamaños, series...). Foi unha experiencia moi enriquecedora, por certo, a sandía estaba riquísima!













xoves, 10 de outubro de 2024

ENSALADA COS TOMATES DA HORTA

 E así aproveitamos de ben a nosa colleita, nesta ocasión preparamos unha rica ensalada de tomates cherry que plantamos no mes de maio. Toda unha experiencia para os nenos/as...






mércores, 9 de outubro de 2024

A NOSA COLLEITA

 Onte recibimos un agasallo moi especial, a nosa colleita e algo máis. Fomos plantar no mes de maio e Joaquín e José Antonio coidaron da nosa plantación durante todos estes meses. Mirade, mirade...







Lembramos a través deste vídeo como foi o día que fomos a plantar... 

 A vosa horta Joaquín foi e será para os nenos/as do San Roque unha grande experiencia, de aprendizaxe e de contacto coa natureza. Mil grazas por facelo posible todos estes anos. Sentimos moito que este lugar de experimentación peche as súas portas.