Páxinas
Etiquetas
xoves, 31 de marzo de 2022
LAS CAJAS DE BERTA
IOGA E CONSUMO
Esta semana tivemos unha charla sobre consumo e a nosa primeira sesión de ioga...
CONSUMO
IOGA
Como gozamos e nos relaxamos... Están desexando volver a repetir...
mércores, 30 de marzo de 2022
PASEANDO POLA HISTORIA
MOSAICOS
Os romanos construíron acuedutos, teatros, anfiteatros, calzadas... e tamén mosaicos. Estes son os nosos ...
domingo, 27 de marzo de 2022
ARTISTAS CON CABALETE NO PATIO
Unha vez máis artistas, nesta ocasión as nosas mascotas con cabalete e pintando no patio ao aire libre. Quixemos comezar así a primavera...
venres, 25 de marzo de 2022
UNHA SEMANA DE CONMEMORACIÓNS: SÍNDROME DE DOWN, POESÍA , ÁRBORE E AUGA.
Esta semana moitas datas sinaladas:
DÍA DA SÍNDROME DE DOWN
(21 marzo)
Coñecimos a Valentina, canta tenrura transmite, no teatro Pastor Díaz, unha nena con Síndrome de Down e tamén a algúns amigos/as de Aspanane coa mesma síndrome(Miguel, Luis, Badir, Sara C., David, Sara B. ...). Lembramos o vídeo explicativo coas características das persoas que nacen con esta Síndrome(un cromosoma máis, ollos rasgados...) e de ler o conto de Xela...
XELA CELEBRA O SEU ANIVERSARIO
Debuxamos unha máscara de Valentina para sentirnos un pouco coma ela...
DÍA DA POESÍA
(21 marzo)
Introducimos o tema lendo e escoitando os poemas de Antón Cortizas, mestre e escritor, que o pasado mércores visitou o noso cole. Facendo rimas e escribindo o noso propio poema...
DÍA DA ÁRBORE
(21 marzo)
Os nenos e nenas de 6º plantamos unhas nogueiras nunha zona verde da nosa vila, o parque Pernas Peón. Unha árbore autóctona, unha árbore que aportará osíxeno ao noso medio, que dará o seu froito e que veremos crecer.
DÍA DA AUGA
(22 marzo)
Percorremos o casco histórico e zonas moi próximas ao mesmo para descubrir diferentes lugares que nos proporcionan auga. As fontes, os lavadoiros, os pozos, nos proporcionan auga para o noso día a día. No pasado e tamén no presente ...
mércores, 23 de marzo de 2022
A COVA DE ROQUE, A COVA DO SANTO
Para conmemorar o Día Internacional da Narración Oral, o 20 de marzo, recuperamos esta bonita lenda da nosa vila...
Animádevos a descubrir este recuncho no Monte San Roque, merece a pena...
martes, 22 de marzo de 2022
DEBUXANDO A NOSA HISTORIA
domingo, 20 de marzo de 2022
O INVERNO... VIVALDI E OUTRAS CREACIÓNS
Esta estación deu para moito... Frío, xeadas, chuvia, vento... O inverno de Vivaldi e outras moitas actividades que realizamos nos recunchos... Crecemos creando.
OUTRAS CREACIÓNS: