sábado, 31 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 



 O 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas, o noso Librín celebra neste día o seu aniversario. Quixemos conmemoralo iniciando a actividade das mochilas viaxeiras e creando os nosoS mouchos fisgóns por equipos. Esperamos que pasases un feliz día Librín! Parabéns!

luns, 26 de outubro de 2020

O SOÑO DO OSIÑO ROSA

   

 O osiño choraba desconsolado porque perdera o seu soño. A xirafa entón estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no fondo do río… Pero con ningunha das cousas que lle trouxeron, conseguiron que deixase de chorar… ¿Con que soña un osiño rosa?





    Todos temos o noso soño pero descubrimos, a través desta fermosa historia, que o noso soño non ten porque ser o dos demáis... Soñamos con ser un unicornio, unha fada, unha bruxa, un policía, un médico, unha profesora, unha veterinaria, unha pediatra, ...

sábado, 24 de outubro de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

 O pasado luns, 19 de outubro, conmemoramos o Día das escritoras, falamos sobre as escritoras que coñeciamos, lembráronse de Rosalía de Castro, a nosa escritora universal, porque a traballamos o pasado curso... Buscamos nos contos que estamos lendo se estaban escritos por escritores e escritoras, aproveitamos para diferenciar entre escritor/escritora e ilustradora/ilustrador, as cores cálidas e as cores frías. Ademáis, recibimos por streaming a Cira, escritora e mamá dun dos nosos compañeir@s do cole que nos leu un conto do Rato Pérez. No blog da Biblioteca de Librín podedes ver tamén o que fixeron nos outros grupos-aula http://bibliotecalibrin.blogspot.com/2020/10/dia-das-escritoras.html 





luns, 19 de outubro de 2020

O MONSTRO ROSA



 Iniciamos o curso comezando a ler Monstro Rosa, unha historia sobre o valor da diferenza e onde se entende a  diversidade como un elemento enriquecedor da nosa sociedade. Monstro Rosa é un berro á liberdade.


   Aprendimos a debuxar a esta personaxe seguindo os pasos marcados pola nosa profe e tendo un modelo polo que guiarnos. Quixemos, ademáis, facer un monstro rosa moi adorable, un monstro xigante coas nosas mans e no que tod@s aportamos algo.


sábado, 17 de outubro de 2020

XOGAMOS NOS RECUNCHOS

  


   Visitamos os nosos recunchos cada día, na asemblea asignamos a cada equipo a súa zona de xogo e logo cada un decide a que xogar libremente ou ben guiados pola mestra quen establece algunhas propostas.


 O recuncho da BIBLIOTECA, do XOGO SIMBÓLICO, da LÓXICA-MATEMÁTICA, da PLÁSTICA e dos CREBACABEZAS son uns espazos que serven como instrumento de aprendizaxe autónoma, nalgunhas ocasións dirixida, a través de variadas actividades baseadas no xogo.

xoves, 15 de outubro de 2020

EQUIPOS DE AULA

  Dentro do noso grupo de convivencia nos agrupamos por equipos... Cada neno/a debe respectar o seu grupo colaborativo estable nas merendas, no xogo dentro dos recunchos,...

 





xoves, 8 de outubro de 2020

AS FIGURAS XEOMÉTRICAS

     Retomamos as figuras xeométricas que coñecimos o pasado curso. Xa fixeramos o mural do círculo e nestes días modelamos con plastilina, coloreamos, recortamos, construímos as figuras que nos faltaban e fixemos con elas uns murais. Logo creamos unha composición utilizando círculos, cadrados, triángulos e rectángulos.

                        

                        





mércores, 7 de outubro de 2020

MERENDAS SAUDABLES

 Este curso para cada día da semana temos asignada unha merenda. Traballámolo na aula coloreando, recortando e pegando para non esquecernos.

        

martes, 6 de outubro de 2020

OS NOSOS NOMES

 Identificamos o noso nome, ordenamos as súas letras, buscamos as letras do abecedario nos mesmos, escribimos as grafías, modelamos con plastilina as letras que o compoñen...

                         






luns, 5 de outubro de 2020

PLUMITAS, A NOSA NOVA MASCOTA

                 

                                  

 Coloreamos, debuxamos e escribimos o nome da nosa nova mascota de aula. 





domingo, 4 de outubro de 2020

A MIÑA MESTRA CHÁMASE...

 Debuxamos á nosa profe Rocío con moito cariño...





EU SON

 


Quen somos? Debuxámonos como nos vemos, as nosas partes do corpo...Identificámonos como personas individuais, vendo as diferenzas entre nós(pelo liso, pelo rizo...).