sábado, 14 de marzo de 2026

8M: DÍA DA MULLER

 Para conmemorar este día, non só falamos das mulleres que temos na nosa familia(mamá, avoa, tía...) e o importantes que son para nós, senón que tivemos unha actuación musical moi interesante e un obradoiro para crecer en igualdade.

MÚSICA MIÚDA

Cambiando contos na nosa Biblioteca con música e gozando do momento.

AUTONOMÍA E COLABORACIÓN NAS TAREFAS DOMÉSTICAS



Coa colaboración de Ana do CIM descubrimos que importante é para nós desenvolver a nosa autonomía, reforzando positivamente cada logro e facendo posible pequenos retos que de seguro nos abriarán camiño.

xoves, 5 de marzo de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: A MELLOR SOPA DO MUNDO

 Comezamos cunha nova proposta da Biblioteca, a actividade ESCOITAMOS COMO LES. Emma e o seu papá escolleron unha historia fermosa, A mellor sopa do mundo. Grazas Luciano por ter compartido este tempo con nós, sempre agradecemos moito que veñades a lernos e a contarnos, gozamos tanto dos contos que calquera momento é perfecto. Grazas, ademáis, pola sorpresa que nos preparástedes...




mércores, 4 de marzo de 2026

CÓNTAME UN CONTO

 Grazas Librín,  por deixarnos entrar no mundo da imaxinación, no mundo das palabras, das ilustracións. Grazas por amosarnos tantos contos desde que chegamos ao cole...









luns, 2 de marzo de 2026

XOGANDO CON BRAZOLINDA

 O pasado venres xogamos coas familias na compaña de Brazolinda e os seus xogos na nosa Biblioteca. Unha sesión interesante onde aprendimos non só a xogar, senón tamén a compartir momentos, experiencias, xoguetes... Grazas, unha vez máis, aos nosos familiares por acompañarnos.



xoves, 26 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA(23 febreiro)

 O luns 23 de febreiro, data do nacemento da nosa galega  máis universal, Rosalía de Castro, celebramos o Día de Rosalía. Adentrámonos na súa vida e obra dando pinceladas...

DÍA DE ROSALÍA



MAMÁS CIENTÍFICAS(2ª parte)

 O pasado 11 de febreiro celebramos o DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA convidando ás mamás a facernos algún experimento. Nese día comezamos con tres mamás e continuamos esta semana con outras catro que nos trouxeron experimentos moi interesantes. Grazas por compartir este tempo con nós.

CÍRCULO CON GLOBOS

(Alicia, a mamá de Noa)

XÉRMENES E XABÓN

(Irene, a mamá de Emma)

ARCO DA VELLA

(Lorena, a mamá de Valeria)

PINTANDO CON CLIPS

    (Diana, a mamá de Dani)     

domingo, 22 de febreiro de 2026

ENTERRO DA SARDIÑA

Preparamos a sardiñas antes do Entroido, tecimos con las de cores e así de bonitas nos quedaron. Tamén, aprendimos a canción...

 ENTERRO DA SARDIÑA 2026

E para rematar o Entroido celebramos o Enterro da sardiña...

            

          


luns, 16 de febreiro de 2026

ENTROIDO 2026: TODAS AS PEZAS ENCAIXAN.

 Canto gozamos do Entroido... Obradoiros de disfraces para os/as peques e as familias, de máscaras, festa, sobremesas ricas... E nesta ocasión as nosas pezas representan as  nosas diferenzas pero tamén a unión, TODOS ENCAIXAMOS.

TODAS AS PEZAS ENCAIXAN



IOGA(4ª sesión)

Buscamos momentos tranquilos, de calma, de silencio, o son que nos atrapa... Grazas Hugo.



MAMÁS CIENTÍFICAS(1ª parte)

 O pasado 11 de febreiro celebramos o DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA convidando ás mamás a facernos algún experimento. Este día comezamos con tres mamás e continuaremos noutras datas con novos experimentos, xa que moitas vos animástedes a participar nesta proposta. Grazas por compartir este tempo con nós.

LÁMPADA DE LAVA E INFLANDO GLOBOS CON BICARBONATO

(María, a mamá de Mari)


CORES QUE DESAPARECEN

(Noemí, a mamá de María)



ARCO IRIS DE BURBULLAS E ELECTRICIDADE ESTÁTICA

(María, a mamá de Mari)


domingo, 1 de febreiro de 2026

UNHA PONTE POLA PAZ

O día 30 celebramos o Día da Paz, entre todos/as e coa colaboración das nosas familias construímos unha ponte. E cada pedra  unha palabra ou unha mensaxe de PAZ. Tamén cantamos e xogamos pola PAZ.

CREANDO PONTES POLA PAZ






xoves, 29 de xaneiro de 2026

SON UN ARTISTA: TRAZOS E CORES PRIMARIAS

 E así nos adentramos no mundo da arte e no programa educativo INNOVA-LAB. Na modalidade de ART-LAB achegámonos aos trazos máis básicos(círculo, liñas verticais e horizontais) e as cores primarias para logo descubrir as cores secundarias. Da man de Hervé Tullet, adentrámonos no mundo das creacións artísticas partindo do máis básico...








luns, 26 de xaneiro de 2026

BIBLIOTECA: CAIXA MÁXICA DA LECTURA E MOCHILAS VIAXEIRAS

 Comezamos o segundo trimestre e poñemos a andar varias das actividades propostas polo Equipo da Biblioteca...

A CAIXA MÁXICA DA LECTURA

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

En breve tamén comezaresmos coa proposta ESCOITAMOS COMO LES, xa temos unha lista de familiares agardando para vir a ler ou a contar un conto. Grazas pola vosa colaboración.

domingo, 18 de xaneiro de 2026

COMPARTINDO XOGUETES

 Esta semana trouxemos da nosas casas xoguetes para compartir. Prestamos, coidamos, esperamos turnos, recollemos, clasificamos... unha experiencia moi enriquecedora.

           



domingo, 11 de xaneiro de 2026

AGASALLOS DO APALPADOR

 Menuda sorpresa nos levamos o pasado xoves, ao volver ao cole atopamos un saquiño de castañas na nosa aula, sinal de que o Apalpador pasara este Nadal por alí. Pero, onde estaba o agasallo que lle pedimos na nosa carta, un agasallo de madeira para compartir? Buscamos e buscamos e finalmente o atopamos ao pe da nosa árbore... Que ilusión!