luns, 27 de outubro de 2025

O NOSO SAMAÍN

Estas son as personaxes antagonistas dos contos, as personaxes que vós escollístes para a nosa exposición do Samaín.

Cantamos e bailamos co medo, pincha no seguinte enlace...

SAMAÍN 2025

Librín prestounos contos de medo...

Nós tamén fixemos pantasmas, bruxas e cabazas para decorar o cole. Mira, mira...





CÓNTAME UN CONTO

 Grazas Librín,  por deixarnos entrar no mundo da imaxinación, no mundo das palabras, das ilustracións. Grazas por amosarnos tantos contos desde que chegamos ao cole. O día que imos á biblioteca é moi especial para nós, de verdade.



    E cantas historias nos quedan aínda por descubrir...

domingo, 26 de outubro de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS(24 outubro)


 O pasado venres, celebramos no cole o aniversario de Librín, na mesma data na que se celebra o Día das bibliotecas. Para esta ocasión decoramos unhas máscaras moi vistosas, cheas de cor e detalles, e asistimos a unha representación de monicreques na biblioteca, Unha noite de terror no bosque tenebroso.








xoves, 23 de outubro de 2025

AS RUTINAS DO COLE

E pouco a pouco, imos coñecendo a dinámica do cole, pasiño a pasiño imos adquirindo as rutinas da nosa xornada escolar. Na nosa actividade diaria, dannos seguridade e favorecen a nosa autonomía... 


luns, 20 de outubro de 2025

O CONTO DA PITIÑA CARLOTA

 Con esta historia tan sinxela imos aprendendo os días da semana, fixemos un traballo moi bonito que axiña levaremos para casa... Mira, mira...



venres, 17 de outubro de 2025

DÍA DAS ESCRITORAS

 O pasado martes, 14 de outubro, Día das escritoras, tivemos unha visita moi especial, María Rolle, quen foi mestra no cole de Covas e tamén escritora, publicou fai uns anos o libro ESTA  NON É UNHA HISTORIA DE PIRATAS... María veu acompañada de Ángela Requejo que nos acompañou coa  súa voz e coa guitarra... Mirade, mirade que ben o pasamos o Día das Escritoras...


xoves, 9 de outubro de 2025

A NOSA PRIMEIRA CLASE DE IOGA

 O pasado mércores tivemos a oportunidade de coñecer a Hugo Eiroá e compartir unha experiencia nova a través do ioga. Momentos de relax, de tranquilidade, de medo ao descoñecido... afloraron un motón de emocións, a verdade. Repetiremos...




martes, 7 de outubro de 2025

MURAL CON DAVID CATÁ

    O pasado curso comezamos co artista viveirense David Catá, antigo alumno do noso cole, o noso mural ecolóxico reciclando tapóns dentro do noso proxecto Sosti-lab. Este ano estivemos rematándoo coa axuda dos voluntarios de ALCOA, coa colaboración da ANPA e como non, dos nenos/as do cole que tamén son uns artistas.

1º Aos máis peques tocounos descubrir o mural do cole, o que os compañeiros/as fixeron o pasado curso.


2º Aprender a facer as flores no espazo creativo cos tapóns que trouxemos da casa.



3º Para finalmente acompañar a David no proceso de elaboración do mural e onde deixamos pegada coas nosas flores.

Mirade que preciosidade!


Tamén aproveitamos e aproveitaremos os tapóns para crear, xogar, construir... a verdade que é un material de refugallo imprescindible nesta etapa. 




luns, 6 de outubro de 2025

PEIXE FRESCO DO DÍA

 

Comezamos o mes cun contacontos, Ton de Mircromina Teatro de Títeres, con Peixe fresco do día quíxonos amosar a importancia de coidar os nosos mares. Obra financiada polo GALP A Mariña-Ortegal e da que os nenos/as gozaron moito.