Coñecemos máis de preto as plantas que atopamos no noso entorno próximo, na natureza que nos rodea...
Páxinas
Etiquetas
xoves, 29 de maio de 2025
mércores, 28 de maio de 2025
PROXECTO TERRA: RÍO LANDRO+LENDA DO POZO DE PIAGO
Seguimos coñecendo máis de preto a nosa vila. Adentrámonos nos espazos naturais comezando polo noso río, o río Landro. Aproveitamos, tamén a saída para localizar tamén o Monte San Roque, Monte Castelo, a Ría de Viveiro, as parroquias de Vieiro e Magazos...
Quixemos deixar constancia da nosa saída no noso compañeiro de viaxe, no noso caderno de campo...
Aproveitamos a nosa saída para coñecer de preto o Pozo de Piago e a súa lenda...
luns, 26 de maio de 2025
OS MAIOS 2025
domingo, 25 de maio de 2025
ESCOITAMOS COMO LES: CO AMOR DE BLUEY
A pasada semana, fíxonos unha visita a mamá de Gaelia. Os contos son moi importantes no noso día a día, grazas Lidia por compartir este tempo con nós.
martes, 20 de maio de 2025
domingo, 18 de maio de 2025
ESCOITAMOS COMO LES: TORPÓN E BONACHÓN E SON MARIÑEIRO
Esta semana acompañounos a mamá de Liam, Raquel, cunha publicación nova da Escuela de monstruos. Tamén estivo con nós na Biblioteca, Prince, o avó de Prince, compartindo a súa historia de vida no mar. Grazas por compartir o voso tempo con nós...
sábado, 17 de maio de 2025
CROMATOGRAFÍA DAS FOLLAS
Continuamos experimentando neste último trimestre do curso:
1º Recollida de follas de diferentes cores coa axuda das nosas familias.
2º Clasificamos as follas por cores.
3º Recortamos as follas en anacos pequenos, botámolas en recipientes grandes e logo á mistura botámoslle alcohol.
4º Deixámolo todo en repouso ata a mañá seguinte.
5º Comprobamos que o pigmento das follas pasara a misturarse co alcohol.
6º Utilizamos os tintes para pintar con pincel.
LETRAS GALEGAS 2025
Para conmemorar o día das Letras Galegas mirade todo o que fixemos ao longo da semana ...
COÑECENDO ÁS CANTAREIRAS
FACENDO ACTIVIDADES
ILUSTRANDO CANTIGAS TRADICIONAIS
XOGANDO
ESCOITANDO E CANTANDO A OS DO 21
A BANDEIRA DE GALICIA