Nesta ocasión, Alejandra, a mamá de Víctor, os adicou un anaco cunha lectura moi interesante... Grazas por compartir con nós esta historia...
Páxinas
Etiquetas
luns, 28 de abril de 2025
23 ABRIL: DÍA DO LIBRO
Conmemoramos o Día do libro facendo recomendacións lectoras entre as familias e gozando das actividades que amosamos deseguido:
CONTOS E CANTOS
Na compaña de Marta Pérez Lage, unha superavoa, mestra de profesión, música e a primeira muller galega en tocar o baixo nunha orquestra.
TEATRO DE TÍTERES
Coa mestra Candi e Asun, gozamos desta bonita historia Rosa caramelo...
xoves, 10 de abril de 2025
PROXECTO TERRA: COÑECEMOS A NOSA VILA MÁIS A FONDO
No noso segundo percorrido por Viveiro adicámonos a coñecer máis de preto algúns lugares, edificios e construcións de interese. Nesta ocasión acompañounos o noso caderno de campo para que quedara constancia da nosa saída e poder debuxar algúns dos monumentos ou peculiaridades arquitectónicas de Viveiro.
PRAZA DE ABASTOS
MERCADO DOS XOVES
CASA DO CONCELLO
BIBLIOTECA
TEATRO PASTOR DÍAZ
AS CASAS DE REMO
IGREXA DE SANTA MARÍA
PORTA DE CARLOS V E PONTE DA MISERICORDIA
FACHADA DE GALERÍAS
CONSERVATORIO E CAÑÓNS
mércores, 9 de abril de 2025
O MUNDO DAS ABELLAS
Canto estamos aprendendo sobre os insectos, nesta ocasión fixemos un obradoiro sobre as abellas da man de Iago e Marita. Vimos como deseñan as súas colmeas, como recollen o pole das flores, como é a súa metamorfose, como se organizan para facer o mel... Tamén fixemos unhas velas sinxelas con cera e nos vestimos co traxe do apicultor...
DÍA DAS TORTILLAS
Celebramos un ano máis o Día das tortillas, o tempo acompañounos nas Nogueiras, un auténtico día de primavera...
COMIMOS A TORTILLA E XOGAMOS
INVESTIGAMOS FAUNA E FLORA
Aproveitamos a saída para colocar o noso hotel de insectos...
martes, 8 de abril de 2025
INSTRUMENTOS-LIXO
luns, 7 de abril de 2025
xoves, 3 de abril de 2025
2 ABRIL: AUTISMO E LIBRO INFANTIL
O pasado mércores celebramos o Día da Concienciación do Autismo e o Día do libro infantil...
AUTISMO
Todos/as somos importantes, sempre respectando a diversidade e fomentando a inclusión.
CONTACONTOS MUSICAL
Da man de Vero Rilo, unha super contacontos, e do músico Luis Iglesias pasamos un momento moi agradable e divertido. Contos contados, refráns, retrousos... que deixan voar a nosa imaxinación.
PROXECTO TERRA: A HISTORIA DA NOSA VILA( IMPERIO ROMANO)
Descubrimos o noso pasado a través dos monumentos de Viveiro, remontámonos á época dos Romanos a partir da nosa antiga calzada romana e a nosa antiga ponte...
LOS NÚMEROS ROMANOS PARA NIÑOS
NÚMEROS ROMANOS
Partindo dos séculos de construción dos monumentos descubrimos os números romanos.
CONSTRUCIÓNS ROMANAS