Páxinas
Etiquetas
domingo, 21 de decembro de 2025
mércores, 17 de decembro de 2025
IOGA(3ª sesión)
Seguimos buscando con Hugo a paz interior, cos xestos, as diferentes posturas, os sons que escoitamos...
OBRADOIRO POR XÉNERO
Comezamos cunha nova experiencia coa idea de elimininar os clichés sociais. Realizaremos en cada trimestre actividades asociadas tradicionalmente ao xénero oposto co fin de aprender por separado e compensar as debilidades de cada xénero.
luns, 15 de decembro de 2025
PREPARÁNDONOS PARA O NADAL
E comezamos decembro pensando no Nadal...
CO CALENDARIO LITERARIO DE ADVENTO(ANPA)
LENDO CONTOS DE NADAL
COLABORAMOS CO MERCADILLO SOLIDARIO DE DOMUS VI
PREPARANDO ADORNOS DE NADAL
POSTAIS PARA FELICITAR O NADAL ÁS NOSAS FAMILIAS
No seguinte enlace tamén poderás cantar e xogar...
E non esquezamos o noso calendario, nesta ocasión todos puxemos o noso gran de area para facerlle unha homenaxe á escritora Maruja Mallo.
domingo, 14 de decembro de 2025
ARGALLANDO CON MIUDIÑO
mércores, 3 de decembro de 2025
NO OUTONO...
Achegámonos a esta estación grazas aos froitos e follas, enchimos o cole de cores outonais e deixamos voar a nosa imaxinación...
Tamén cantamos...
DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL(3 decembro)
Para conmemorar o Día da diversidade funcional ou Día da discapacidade recibimos a visita de Marta, con Síndrome de Down, e de Laura. Contáronnos un conto moi especial POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA, que nos fala das diferencias e do que iso nos enriquece. Grazas por acompañarnos.
Tamén vimos algunha curta que nos fala dalgúns tipos de discapacidade e dialogamos sobre o tema...
sábado, 29 de novembro de 2025
EXPERIMENTOS NO MES DA CIENCIA
Rematamos o mes de novembro experimentando coas cores e facendo tamén un pouco de maxia.
CHUVIA DE CORES
PINTANDO CON PAPEL DE ALUMINIO
Tamén intercambiamos experimentos cos noso compis de 6ºB, toda unha experiencia compartir con eles/as as nosas aprendizaxes.
25 N: AS AVOAS E OS SEUS OFICIOS
As nosas avoas, mulleres referentes polo 25 N, Día Internacional da Non Violencia. Cantas visitas esta semana, algunhas das nosas avoas quixeron acompañarnos e falarnos dos seus oficios, elas abriron moitos camiños e aportaron o seu gran de area caro ao do dereito a traballar en igualdade e en contra da violencia de xénero.
A BOTICARIA(Mari Carmen, a avoa de Valeria)
A EMPREGADA NA FÁBRICA DE CONSERVAS(Encarna, a avoa de José)
A AMA DE CASA(Lita, a avoa de Aleix)
MESTRA(Marta, a avoa de Mari)
A AXUDANTA DE QUIRÓFANO(Manoli, a avoa de Emma M.)
Grazas avoas por formar parte das nosas vidas.
venres, 21 de novembro de 2025
O DÍA DO PIXAMA
Hoxe para visibilizar os dereitos dos nenos e das nenas viñemos ao cole en pixama. Cada 20 de novembro queremos coñecer e lembrar de novo cales son os dereitos da infancia, a alimentación, a educación, a sanidade, a vivenda ... sen esquecer o dereito a ter unha familia. Falamos das nosas familias, de quenes a compoñen. Tivemos un contacontos para visualizar os difentes tipos de familia que existen, no noso centro hai moi diversos tipos de familia. E tamén falamos de como se senten os nenos/as que teñen que vivir en residencias infantiles porque non teñen unha familia, da importancia das familias acolledoras a través de ASEAF...
martes, 18 de novembro de 2025
A NOSA MASCOTA
Queremos presentarvos á nosa mascota, un ser marino moi interesante que iremos descubrindo pouco a pouco. Pepito é o seu nome e iremos coñecéndoo ao longo do curso...
sábado, 15 de novembro de 2025
CASTAÑA, CASTAÑA...
Este ano para celebrar o Magosto, xogamos coas castañas, rotando por diferentes estacións de xogo. Ademáis, degustamos unha merenda moi especial con produtos do outono(castañas, bicoito de noces, torta de mazá, uvas, mandarinas...), dun contacontos na biblioteca de Librín, cancións e xogos interactivos.
CASTAÑAS E PEÓNS NO MAGOSTO
























































