luns, 30 de decembro de 2024

domingo, 15 de decembro de 2024

PREPARÁNDONOS PARA O NADAL


 Agardamos con moita ilusión a chegada do Nadal e no cole este ano fixemos moitos adornos coas nosas mans, aproveitando as las tan bonitas que temos. Colaboramos co Mercado Solidario(Domus VI), aportando as nosas manualidades, e tivemos, ademáis, a oportunidade de visitalo. Fixemos as nosas postais, decoramos o cole, aulas, corredores..., ademáis, de facer unha árbore na entrada coa axuda de tódolos nenos/as... Tamén vos amosamos a nosa aportación para o calendario do 2025.

ADORNOS:




ÁRBORE:



POSTAIS:



MERCADO SOLIDARIO:


CALENDARIO:

Aproveitamos tamén para facer pegamento caseiro e facer máis manualidades do Nadal...





xoves, 5 de decembro de 2024

COMEZAMOS O NOSO PROXECTO TERRA

 Comezamos unha nova aventura, descubrir a nosa vila e tódolos tesouros que agocha, visitamos a pasada semana a Oficina de Turismo para iniciar o noso Proxecto Terra, IMOS PARA VIVEIRO, XA SE VE SAN ROQUE. Revisamos o material que nos deron e  buscamos nun plano do Casco Histórico de Viveiro, os seus monumentos. Ademáis, marcamos o percorrido que realizaremos pola vila neste mes de decembro.





mércores, 4 de decembro de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

 O 3 de decembro, foi o Día da Diversidade Funcional... 

TODOS SOMOS DIFERENTES E ESPECIAIS...

POR UNHA INCLUSIÓN CON RESPECTO E AMOR...

EXPLICAR A LOS NIÑOS LA DIVERSIDAD

Nesta semana, o concello, a través de ASPANANE  fíxonos chegar libros que falan da diversidade...




OS NOSOS NOMES

 

Estamos rodeados de letras, de palabras... A partir dos nosos nomes decubrimos o abecedario, diferenciamos entre vogais e consoantes, grafías e son de cada unha delas... A partir de aí, xurden moitas palabras, coñecemos as sílabas que forman as palabras, aprendemos a escribir e a ler ...




martes, 3 de decembro de 2024

VAN GOGH: EL ÁRBOL DE MORA


 Coñecemos a un novo artista, Van Gogh, unha nova pintura, propoñendo novos retos... Voando coa nosa imaxinación, desenvolvendo habilidades de investigación...



Un novo título para esta obra de arte... Mirade, mirade...