sábado, 29 de xuño de 2024

FIN DO CURSO 2023- 2024

 
Quería desexarvos unhas felices vacacións cangrexiños!  Sentín moito non poder acompañarvos na fin do terceiro trimestre pero sei que compartiremos máis momentos xuntos. Grazas por ensinarme tanto, por poñerme novos retos e por permitirme ver o mundo doutro xeito, ás veces, non resulta doado. Un novo curso nos agarda en setembro, repoñede forzas, cargádevos de enerxía e gozade do verán.



martes, 11 de xuño de 2024

CELEBRANDO OS MAIOS

  O último día do mes de maio celebramos Os Maios polas rúas de Viveiro. Na compaña dos nenos/as doutros coles da nosa localidade cantamos a xa tradicional cantiga do Maio.

MAIOS 2024



luns, 10 de xuño de 2024

ESCOITAMOS COMO LES: SUPERHÉROES EN EL COLE

 Nesta ocasión, a que nos sorprendeu con un conto foi a mamá de Izan Gómez, Sofía. Grazas por acompañarnos  e por ter compartido este tempo con nós...



venres, 7 de xuño de 2024

CELEBRANDO AS LETRAS

  Despois de ter coñecido máis polo miúdo a Luisa Villalta quixemos celebralo con música tradicional e vestindo complementos do traxe galego. Grazas a Os do 21 por acompañarnos.

LETRAS GALEGAS 2024








xoves, 6 de xuño de 2024

BICHOS

 Menuda experiencia tivemos cos bichos para finalizar o mes de maio. Foi moi especial, con certo respecto e medo por ter uns bichos tan peculiares tan de preto. Grazas Miguel Santamaría por facelo posible.