Creando na Biblioteca con Pablo Otero, artista galego autoidacta, a partir de material de refugallo os nenos/as crearon unha bonita obra de arte... Toda unha experiencia....
Páxinas
Etiquetas
domingo, 28 de abril de 2024
sábado, 27 de abril de 2024
DESCUBRINDO O CÓMIC
E así nos achegamos ao cómic, coas aportacións das familias nos introducimos nas viñetas, nos bocadillos, nas personaxes... Con eles participamos na exposición que se fixo a nivel de centro, xunto cos marcapáxinas tan chulis que creamos na casa para esta ocasión...
mércores, 24 de abril de 2024
ESCOITAMOS COMO LES: DAME HELADO O ME DESHAGO
Nesta ocasión, a que nos sorprendeu cun conto foi a mamá de Kylian, Delia. Un conto da colección Escuela de monstruos... Grazas por acompañarnos o 23 de abril, día do libro....
MARIÑA AMBIENTAL: RECOLLENDO LIXO NA PRAIA DE COVAS
Dentro do Proxecto Mariña Ambiental, da UDC xunto coa Fundación Alcoa, realizamos unha recollida de lixo na praia de Covas, clasificando o lixo nos correspondentes contedores...
luns, 22 de abril de 2024
IOGA(3ª sesión)
xoves, 18 de abril de 2024
ESCOITAMOS COMO LES: LUME, UN CAN DE PALLEIRO...
Nesta ocasión tivemos a sorte de que nos acompañara Rosa, a avoa de Izan Gómez... Grazas por compartir esta historia e permitirnos darlle un repaso aos animais da granxa...
mércores, 17 de abril de 2024
CÓNTAME UN CONTO: ORELLAS DE BOLBORETA
martes, 16 de abril de 2024
CREANDO ARTE CON DAVID CATÁ
Coñecendo a David Catá, artista viveirense, a través da súa propia arte... Foron momentos especiais e compartidos coas familias, grazas polos que vos achegástedes, o pasado xoves...
SEMENTANDO CHÍCHAROS
venres, 5 de abril de 2024
CÓNTAME UN CONTO: O SOÑO DO OSIÑO ROSA
Como nos gustan os contos, unha recomendación lectora para este mes de abril, o mes do libro. Todos queremos ver cumpridos os nosos soños, o osiño rosa tamén... pero non todos/as temos o mesmo soño...
xoves, 4 de abril de 2024
2 DE ABRIL: LIBRO INFANTIL E AUTISMO
Para conmemorar o Día do libro infantil as nosas profes nos agasallaron cun conto moi entrañabel Yo voy conmigo:
E para visibilizar o autismo, visualizamos contos e curtas, podedes clicar máis abaixo e velos. E tódolos/as nenos/as fixemos un infinito das cores do arco da vella, símbolo do Autismo, para logo colocalos nun infinito xigante. mirade que chulada!