luns, 30 de decembro de 2024

domingo, 15 de decembro de 2024

PREPARÁNDONOS PARA O NADAL


 Agardamos con moita ilusión a chegada do Nadal e no cole este ano fixemos moitos adornos coas nosas mans, aproveitando as las tan bonitas que temos. Colaboramos co Mercado Solidario(Domus VI), aportando as nosas manualidades, e tivemos, ademáis, a oportunidade de visitalo. Fixemos as nosas postais, decoramos o cole, aulas, corredores..., ademáis, de facer unha árbore na entrada coa axuda de tódolos nenos/as... Tamén vos amosamos a nosa aportación para o calendario do 2025.

ADORNOS:




ÁRBORE:



POSTAIS:



MERCADO SOLIDARIO:


CALENDARIO:

Aproveitamos tamén para facer pegamento caseiro e facer máis manualidades do Nadal...





xoves, 5 de decembro de 2024

COMEZAMOS O NOSO PROXECTO TERRA

 Comezamos unha nova aventura, descubrir a nosa vila e tódolos tesouros que agocha, visitamos a pasada semana a Oficina de Turismo para iniciar o noso Proxecto Terra, IMOS PARA VIVEIRO, XA SE VE SAN ROQUE. Revisamos o material que nos deron e  buscamos nun plano do Casco Histórico de Viveiro, os seus monumentos. Ademáis, marcamos o percorrido que realizaremos pola vila neste mes de decembro.





mércores, 4 de decembro de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

 O 3 de decembro, foi o Día da Diversidade Funcional... 

TODOS SOMOS DIFERENTES E ESPECIAIS...

POR UNHA INCLUSIÓN CON RESPECTO E AMOR...

EXPLICAR A LOS NIÑOS LA DIVERSIDAD

Nesta semana, o concello, a través de ASPANANE  fíxonos chegar libros que falan da diversidade...




OS NOSOS NOMES

 

Estamos rodeados de letras, de palabras... A partir dos nosos nomes decubrimos o abecedario, diferenciamos entre vogais e consoantes, grafías e son de cada unha delas... A partir de aí, xurden moitas palabras, coñecemos as sílabas que forman as palabras, aprendemos a escribir e a ler ...




martes, 3 de decembro de 2024

VAN GOGH: EL ÁRBOL DE MORA


 Coñecemos a un novo artista, Van Gogh, unha nova pintura, propoñendo novos retos... Voando coa nosa imaxinación, desenvolvendo habilidades de investigación...



Un novo título para esta obra de arte... Mirade, mirade...

                         



sábado, 30 de novembro de 2024

CÓNTAME UN CONTO: LA EXTRAÑA VISITA

 E seguimos desfrutando da literatura infantil nesta ocasión...



A velliña e a extraña visita son os protagonistas do conto. Mirade, mirade...






APRENDENDO NO ESPAZO CREATIVO

 Como desfrutamos cos xogos do espazo creativo... Escornabots, pezas kapla, figuras tridimensionais...









venres, 29 de novembro de 2024

ENTRETECER POLO 25 N




 Este ano  polo DÍA DA NON VIOLENCIA quixemos entretecer coas avoas. Coa axuda de Noela, tecimos como as arañas, a través da obra da artista francesa LOUISE BOURGEOIS, conseguimos que o cole se parecese ao tear da familia de Louise.