Páxinas
Etiquetas
venres, 31 de marzo de 2023
VISITA DE XOÁN NEIRA
mércores, 29 de marzo de 2023
sábado, 25 de marzo de 2023
PRIMAVERA= POESÍA+SÍNDROME DE DOWN+AUGA
Coa chegada da primavera tamén conmemoramos o Día da poesía e o Día Mundial da Síndrome de Down(21 de marzo) así como o Día da auga(22 de marzo), elemento fundamental na vida dos seres vivos.
POESÍA
SÍNDROME DE DOWN
AUGA
venres, 24 de marzo de 2023
ESCOITAMOS COMO LES(1ª sesión)
CÍRCULOS E KANDISNKY
Adentrámonos no mundo da arte abstracta a través de Wassily Kandisnky... Estamos aprendendo as figuras básicas e Kandinsky utiliza o círculo nesta pintura. Creamos como os grandes artistas...
xoves, 16 de marzo de 2023
INVERNO, INVERNO...
Canto aprendimos desta estación... A nosa árbore, os xogos dos recunchos,... e nuns poucos días a primavera...
luns, 13 de marzo de 2023
MAXIA POLO DÍA DA MULLER
O mércores 8 de marzo, Día da muller traballadora, unha xornada de maxia con Ian e Elisa, momentos compartidos coas familias...
martes, 7 de marzo de 2023
ROSALÍA E LINGUA
O pasado 23 de febreiro a nosa galega universal, Rosalía de Castro, celebraría o seu aniversario. Para conmemorar esta data, o Día de Rosalía, quixemos enriquecernos do galego. Partimos dunha imaxe e xurdiron palabras, vocabulario en galego, a lingua de Rosalía...
No seguinte enlace descubrirás como o fixemos...
xoves, 2 de marzo de 2023
ENTROIDO E ENTERRO DA SARDIÑA
Como gozamos do mes de febreiro co Entroido e o Enterro da sardiña...
ENTROIDO
Grazas ás familias por formar parte do noso Entroido... Coa vosa axuda foi todo máis doado, grazas por estar aí...
ENTERRO DA SARDIÑA
Aínda que a auga e o frío non nos deixou pasear a sardiña polas rúas de Viveiro celebramos o noso enterro no cole... Mirade que coroas máis bonitas fixemos reutilizando cds e como cantamos unha das cacións máis populares da nosa vila...