Celebramos o Nadal dun xeito diferente pero tamén moi especial... lendo contos, decorando o cole e a nosa aula, cantando panxoliñas, facendo manualidades e creando motivos propios detas datas. Conectámonos co Apalpador por streaming, falamos e cantamos para os nosos compañeiros/as doutros grupos do cole, por videoconferencia, Librín tamén nos deixou un conto especial no blog da Biblioteca.
Páxinas
Etiquetas
mércores, 23 de decembro de 2020
POR UN NADAL DE LUZ
martes, 22 de decembro de 2020
MÁIS SOBRE MASCOTAS
Continuamos enriquecéndonos coas nosas mascotas, as dos nenos/as, as do cole... Nesta ocasión coñecemos e Lili&Lili, a Choni, Negrito e aos dous peixiños Nemo e Negrito. Tamén empezamos a investigar sobre os paxaros, tomando como núcleo motivador a nosa mascota Plumitas e todos aqueles paxaros que pasan polo noso cole e que vemos desde a ventá da nosa aula... pegas, gaivotas, pombas...
Tamén fixemos os debuxos das nosas mascotas, as que temos nas nosas casas e algúns dos nenos/as que non teñen as que lles gustaría ter, para velos tedes que acceder a PATAS PELUDAS, a nosa protectora virtual.
luns, 21 de decembro de 2020
RECUNCHOS DE APRENDIZAXE
Manipulamos, ideamos, razonamos, ordenamos, creamos... nas diferentes zonas de xogo.
domingo, 20 de decembro de 2020
A FRAGA DO MEU AVÓ
Esta semana participamos xunto cos nosos compañeiros/as de 5ºA na programación de teatro para escolares Afundación. Nesta ocasión a actividade proposta foi A fraga do meu avó do grupo musical infantil Mamá Cabra. Se pinchades na imaxe poderedes acceder á publicación que fixemos no blog de Voz Natura co traballo realizado arredor deste concerto didáctico.
sábado, 19 de decembro de 2020
INVESTIGAMOS SOBRE O CORPO
venres, 18 de decembro de 2020
VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS
Retomamos o proxecto da Fundación Meniños Viaxe ao reino das emocións(EACE) recordando o conto e ordenando as persoaxes do mesmo. Coñecimos tamén a uns robots moi especiais que habitan na casa escornabótica da Biblioteca de Librín e que queren tamén xogar con nós, dous pequenos Escornabots moi intelixentes e divertidos. Que ben o pasamos!
xoves, 17 de decembro de 2020
O BERRO DE MUNCH
Continuamos traballando a emoción do medo a través da pintura O berro de Munch... As obras de arte fan fluír as nosas emocións.
luns, 14 de decembro de 2020
UNHA VARIÑA MÁXICA
O conto Una varita mágica para Dulce nos aproxima ao mundo dunha nena xordocega: Dulce ten orellas de bolboreta, tan delicadas como cerradas. Dulce tiña ollos de tul y un precioso sorriso de silencio. A cachos Dulce sentía medo, angustia ou tristeza. Pero os seus amigos estaban decididos a buscar unha solución...
Participamos, deste xeito, no programa de innovación educativa INCLÚE-T(Biblioteca).
sábado, 12 de decembro de 2020
PALABRAS RIMADAS, PALABRAS CANTADAS...
Adentrámonos no mundo da palabra a través das conversas na asemblea, das tarxetas que utilizamos nas rutinas diarias, dos nosos nomes e apelidos, das melodías que cantamos, das adiviñas, das poesías... e por suposto a través da fantasía dos contos.
martes, 8 de decembro de 2020
VISITAMOS A LIBRÍN
No mes de novembro retomamos as nosas visitas á Biblioteca de Librín, repasamos as normas, percorrimos a estancia lembrando as diferentes zonas(amarela, morada, vermella, azul...), identificando as pegatinas de cada libro en función da zona na que se atopan, collendo un libro para ler, descubrindo novos materiais, así como, a caixa laranxa onde deben descansar os libros usados para facer a súa cuarentena.
luns, 7 de decembro de 2020
DÍA DA DISCAPACIDADE
domingo, 6 de decembro de 2020
COUSAS QUE DAN MEDO
Vimos a diferenza entre realidade e imaxinación, o que podemos ver e tocar e o que está no noso pensamento...
xoves, 3 de decembro de 2020
ESQUELETO, ÓSOS...
Seguimos coa teima de seguir descubrindo o noso corpo por dentro e por fóra, as partes que o forman, para que serven... que temos dentro do noso corpo e que non podemos ver...
mércores, 2 de decembro de 2020
martes, 1 de decembro de 2020
CREANDO CON PLUMITAS
Pintamos, recortamos, modelamos, debuxamos... Somos artistas coas ceras, lapis, rotuladores, témperas, acuarelas, plastilina, pinceis, tesoiras, punzóns, pegamentos... Cantas cousas somos capaces de crear!
luns, 30 de novembro de 2020
CASTAÑAS DO CASTIÑEIRO
Do 23 ao 27 de novembro celebramos O Magosto(EDLG), este ano, de xeito diferente pero tamén especial. Xogamos nos recunchos con diferentes xogos e actividades con castañas e tamén en Psicomotricidade. Cantamos a canción do Magosto(13 lúas), ilustramos o refrán A castaña no agosto quere arder, e no setembro berber e lemos o conto La castañera.
domingo, 29 de novembro de 2020
FAMILIAS DIFERENTES. FAMILIAS ESPECIAS
Este ano para conmemorar o 25 N- Día da igualdade e a non violencia de xénero(Biblioteca) partindo do libro das nosas familias, que elaboramos o pasado curso coas fotos da familia de cada neno/a, afondamos nos membros que poden formar parte dunha familia e os diferentes tipo de familias que existen.
xoves, 26 de novembro de 2020
SOMOS CIENTÍFICOS
En novembro, no Mes da Ciencia(Biblioteca), nos convertemos en científicos:
GLOBOS ELÉCTRICOS(globos e papel)
TINGUIMOS FOLLAS E FLORES(auga, colorante, follas de repolo e flores)
