luns, 2 de maio de 2022

OS BICHOS DA HORTA: DIFERENZAS ENTRE ABELLAS E AVISPAS.

 E seguimos no camiño de coñecer máis bichos interesantes, nesta ocasión as avispas. Mira, mira...


  Agora xoga: OS INSECTOS

  Divírtete cos insectos: MINUSCULE 1







venres, 29 de abril de 2022

LECTURAS NA PRAZA

 Reunímonos na praza cos nosos compañeiros e compañeiras de 1º A e 1º B do CEP Lois Tobío. Lendas, contos, cancións... Contamos a lenda A cova de Roque, a cova do Santo e os os nosos compis de 6ºA a lenda do Pozo de Piago... Momentos para repetir...









xoves, 28 de abril de 2022

IOGA(2ª sesión)

 Este martes un novo encontro co Ioga, nesta ocasión a actividade foi presencial, como gozaron por segunda vez desta experiencia, grazas Natalia por ter compartido este tempo con nós...





                 




martes, 26 de abril de 2022

venres, 22 de abril de 2022

ARTE NO CEMIMA

 Como gozamos desta visita ao CENIMA, na 7ª edición  da SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS,  das obras de arte de Quique Guerra, pintura e escultura, e doutros  artistas da Mariña e, como non, de Viveiro...







martes, 19 de abril de 2022

VIVIMOS EN VIVEIRO. AS NOSAS CARTAS

 Despedimos o segundo trimestre situando as nosas casas no plano de Viveiro, coa axuda das familias trouxemos ao cole as nosas direccións... Primeiro partimos do máis próximo para logo ir cara ao máis alonxado... Desde o noso fogar ata chegar  ao planeta onde vivimos... A NOSA VILA NO MUNDO da título á nosa seguinte experiencia dentro do proxecto anual VIVARIUM e ao noso Plan Proxecta PAISAXE EN PALABRAS.

                


 Aproveitamos as direccións para escribir cada nena/o unha carta, unha carta moi especial que nestes días da Semana Santa chegaría xa ao seu destino. Así o vivimos:



xoves, 7 de abril de 2022

RECUNCHOS DE APRENDIZAXE NO 2º TRIMESTRE

  E cada día nos enriquecemos un pouco máis  nestes espazos, nos recunchos, creados para o xogo libre e o xogo dirixido... Onde aprendemos, experimentamos, calculamos, pintamos, debuxamos...