Continuamos traballando coas emocións, coa axuda da rosa dos ventos e na cuadrícula do patio facemos un percorrido polo monte Aloia como proposta do proxecto da Fundación Meniños, Viaxe ao reino das emocións(EACE).
Páxinas
Etiquetas
luns, 31 de maio de 2021
EMOCIÓNS: PERCORRIDO POLO MONTE ALOIA E EMOTICONOS.
venres, 28 de maio de 2021
O MUNDO MÓVESE SE NOS MOVEMOS
Esperamos o xoves con alegría porque ese día temos Psicomotricidade. Así nos movemos nos novos xogos do patio, que ben o pasamos!
luns, 24 de maio de 2021
CELEBRANDO OS MAIOS
O venres o cole encheuse de flores, celebramos Os Maios como é habitual aínda que nesta ocasión dentro do cole. Cantamos a canción tradicional de Viveiro, vestímonos para a ocasión, pintamos flores no patio con xices, decoramos as ventás das aulas e corredores e bailamos con música tradicional.
Se queres escoitar a canción e ver o vídeo resumo da nosa celebración pincha aquí: MAIOS 2021(EDLG)
![]() |

venres, 21 de maio de 2021
DRACO E AS EMOCIÓNS
Esta semana no recuncho da lóxica-matemática experimentamos cun novo xogo o de Draco e as emocións. Unha vez máis coa axuda dos escornabots poñemos en práctica a atención, a memoria o razonamento, a orientación espacial, o cálculo numérico e reforzamos a conciencia emocional.
venres, 14 de maio de 2021
XELA POLAS LETRAS GALEGAS
Adentrámonos na vida e obra de Xela Arias Castaño. Escritora, tradutora, editora e profesora galega que levaba por bandeira a nosa lingua. Xeliña como a chamaban os máis achegados , tivo unha vida curta pero intensa... Grazas por enriquecer a nosa cultura e a nós mesmos...
Tampouco quixemos esquecer a Rosalía, que naquel 17 de maio de 1963, foi a primeira homenaxeada nas Letras Galegas, no centenario da primeira edición de Cantares gallegos.
LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS(EDLG)
INVESTIGAMOS
RETRATAMOS
CREAMOS
XELA ESCRITORA, POESÍA E NARRACIÓN

xoves, 6 de maio de 2021
A VOLTAS COAS SEMENTES E AS PLANTAS
Seguimos coñecendo máis de preto ás plantas... sementamos, trasplantamos, regamos, coñecemos as sementes de diferentes froitas, verduras, hostalizas... experimentamos...
REGAMOS
CADERNO DAS SEMENTES
COIDAMOS DA NOSA PLANTACIÓN
Pementos(comemos o froito), leitugas(comemos as follas), tomates(comemos o froito), cabaciño(comemos o froito) e cenorias(comemos a raiz).