O pasado curso quedounos pendente a visita ao Eroski, finalmente puidemos facela esta semana... A verdade, que é un pracer visitar este supermercado, sempre somos ben acollidos e sempre temos algunha sorpresa. Menuda merenda saudable nos tiñan preparada, grazas a Eva por facelo posible e ás súas compañeiras por facelo realidade...
Páxinas
Etiquetas
domingo, 26 de xaneiro de 2025
V SEMANA REDONDA NATURALIZA
Do 20 ao 26 de xaneiro, celebramos a V Semana Redonda Naturaliza, esta nova edición estivo adicada á conexión que hai entre as persoas e a saúde do medioambiente...
EL PLANETA TIERRA NECESITA TU AYUDA
domingo, 19 de xaneiro de 2025
PROXECTO TERRA: PERCORREMOS VIVEIRO
Despois de preparar o noso percorrido no plano-rueiro que nos deron na Oficina de Turismo, dispuxémonos a explorar a nosa vila para coñecela un pouco máis de preto, achegámonos á nosa historia a través dos monumentos do casco histórico...
PACA E CALISTO FALAN DE VIVEIRO
Tamén poderás aprender xogando:
PAISAXE EN PALABRAS(monumentos)
PAISAXE EN PALABRAS(espazos naturais)
martes, 14 de xaneiro de 2025
COMEZAMOS O 2025 COMPARTINDO
Á volta do Nadal nos agardaba unha sorpresa, os Reis Magos deixaron algo para nós debaixo da árbore do cole. Menuda sorpresa!
Xoguetes para compartir nos recunchos...
Ademáis, a ANPA tamén pediu para tódolos nenos/as do San Roque un xogo moi divertido para construír, composto por pezas grandes de espuma... Xa lle demos un bo estreno...
VIVARIUM=VIVEIRO
Descubrimos que o nome Viveiro procede do latín, da palabra Vivarium. Desde un punto de vista etimilóxico, Vivarium significa un terreno onde se cultivan árbores e plantas ou un lugar onde manteñen ou se crían dentro da auga peixes, moluscos e outros animais, un lugar onde hai vida. Co paso dos séculos, este foise transformando en Vivario, Vivairo e Viveiro.
luns, 13 de xaneiro de 2025
BICHOS: O MUNDO DAS ARAÑAS
Despois de visitar a horta na primavera e poder ter a diferentes bichos na man, no mes de maio, grazas a Miguel Santamaría, adentrámonos no mundo dos bichos. Primeiro falamos sobre OS BICHOS DA HORTA... QUE SABEMOS?
Falamos sobre o tema e nos centramos en investigar ás arañas, a raíz da festa do Samaín que tiña como núcleo motivador a estes arácnidos...