martes, 31 de maio de 2022

MAIOS 2022

 Rematamos o mes coa festa dos Maios, pincha no seguinte enlace: MAIOS 2022

 Como gozamos con esta festa das flores...



             


luns, 30 de maio de 2022

NO MONTE SAN ROQUE

 Continuamos co noso proxecto Vivarium e Paisaxes en palabras, nesta ocasión visitamos o Monte San Roque... Pasámolo xenial! Animais, plantas, o mirador, a capela, a cova do Santo... Canto estamos aprendendo sobre os espazos naturais da nosa vila...










domingo, 29 de maio de 2022

OS BICHOS DA HORTA: AS XOANIÑAS.

 Seguimos coñecendo a máis bichos da horta, despois das moscas e os mosquitos, tócalle ás xoaniñas...

                  

                  

 Despois de contar o conto podes xogar... e logo debuxar...







venres, 27 de maio de 2022

A SEMENTE DA CALMA

  Mirade que artistas, a nosa obra de arte para Tá en artes... Unha soa emoción a CALMA...

 Grazas aos nosos compañeiros/as de 5º do CEP Lois Tobío e ao profe Iván Vale por poñer música á nosa obra plástica.






Así quedou a nosa obra de arte na Exposición do CENIMA xunto coas dos nosos compañeiros/as: MEDO, ALEGRÍA, TRISTEZA, AMOR E CALMA.




VERDECONTOS, CLUB DE LECTURA.

 Ao longo deste curso participamos no club de lectura do cole, pincha no seguinte enlace e poderás descubrilo...

 Mirade que ras tres ollos fixemos, a partir dunha das historias que compartimos dentro do club, un conto que nos fala da importancia de non contaminar o planeta.






xoves, 26 de maio de 2022

A PRENSA NA ESCOLA

  Xa fai uns meses que comezamos a levar a prensa á casa, cada día un neno/a. En colaboración coa familia trouxeron un titular e unha fotografía dese xornal. A partir de aí xurdiu a idea de ser xornalistas crear as nosas propias novas no Heraldo do San Roque.  Partimos de analizar primeiro as novas relativas ao noso centro e nas que nós fomos protagonistas...

               




mércores, 25 de maio de 2022

SAÚDE E BENESTAR

 Onte participamos no obradoiro Ti es un bo peixe  e fixemos a nosa 3ª sesión de ioga con Natalia Cora... Apostando polo benestar e a nosa saúde persoal.

TI SI QUE ES UN BO PEIXE


IOGA









luns, 23 de maio de 2022

OS BICHOS DA HORTA: MOSCAS E MOSQUITOS

 Nesta ocasión coñecemos máis de preto ás moscas e aos mosquitos...




E agora un conto...

 

Se queres divertirte...


Mira, mira que atopamos nunha das nosas gabetas...


Diferenciamos as moscas dos mosquitos...


 




CONCELLOS DA MARIÑA

 Unha vez vistas as parroquias de Viveiro, do que está preto cara  ao máis afastado, demos un salto cara á nosa comarca, A Mariña, situada ao norte de Lugo e bañada polo mar Cantábrico. Coñecimos aos 16 concellos que forman a mesma, lembrando a viaxe que fixemos a Foz, xa que nela percorrimos cinco deles.






venres, 20 de maio de 2022

CREANDO CON FLORES

Flores de cores, de luz, de maio... Esta semana gozamos con elas  dentro da aula e no patio...


   










martes, 17 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022


 Este ano achegámonos á vida e á obra de Florencio Delgado Gurriarán. Se queres ver todo o que aprendimos ao longo da pasada semana clica no seguinte enlace...

LETRAS GALEGAS 2022


luns, 16 de maio de 2022

PARTICIPAMOS NA MICRORREDE

 Do 9 ao 13 de maio tivemos a oportunidade de formar parte da exposición da Microrrede da Mariña co noso cadro Paisaxe en palabras, en base a unha fotografía feita por nós, nunha das saídas á praia de Covas... Cada un de nós estaba presente no cadro a través das bocas que formaban o mar da paisaxe... 

                

 No marco do cadro os códigos QR coas lendas das familias que participaron voluntariamente... No noso grupo-aula 3 familias quixeron compartir con nós tres lendas de Viveiro que imos aproveitar para o noso proxecto Vivarium... Grazas familias por achegarnos parte da nosa historia, do noso pasado, da nosa oralidade... Escoitade, escoitade...

ESTABAÑÓN(FAMILIA PÉREZ PORTILLA)

A COVA DA DONCELA(FAMILIA RODRÍGUEZ RIAL)

A FONTE DOS MOUROS(FAMILIA PIÑÓN ARRIZADO)


luns, 9 de maio de 2022

POLO RÍO LANDRO

 O pasado venres, 6 de maio, realizamos a saída polo Paseo fluvial do Landro... Seguimos descubrindo Viveiro e nesta ocasión un dos seus espazos naturais. Toda unha aventura na procura do Pozo de Piago. O tempo acompañóunos e aínda que rematamos moi cansos pola andaina todo saiu ben.


 Ademáis nas nosas pequenas viaxes agora sempre nos acompaña o noso caderno de campo. Toda unha experiencia levalo con nós para deixar constancia dos nosos pequenos descubrimentos. Mira, mira...




venres, 6 de maio de 2022

PARA SIEMPRE

 Continuamos coa emoción da tristeza, nesta ocasión unha visión moi próxima da perda dun ser querido ou dunha mascota... Se che apetece escoitar o conto clica no seguinte enlace: PARA SIEMPRE

 




xoves, 5 de maio de 2022

AS PARROQUIAS DE VIVEIRO

 E así averiguamos cales son as parroquias de Viveiro, partindo do plano que nos deron na oficina de turismo e das parroquias de cada neno/a da aula.